Entradas

Mostrando entradas de 2023

1º TRIMESTRE NA CLASE DE 3 ANOS

Imagen
O tempo foi pasando e xa levamos tres meses na escola! Pouco a pouco imos estreitando lazos, coñecéndonos e sentíndonos máis cómodos e cómodas no cole.  No blog xa víchedes como participamos en varias celebracións do 1º trimestre: Día da Biblioteca , Samaín , Magosto , Día do Peón ... Faltaba coñecer que sucede dentro da aula, no día a día... Chegou o tempo de compartilo con vós, as familias, así que no  video que tedes a continuación veredes algunhas das actividades que realizamos ao longo destas semanas.  Aproveitade o visionado para falar con nós sobre a escola, preguntarnos e coñecer un pouco máis sobre as nosas experiencias no cole :-)

SAÍDA MUÍÑO DE PEDROSO 2023

Imagen
    O 1 de Decembro realizamos unha saída ao MUÍÑO DE PEDROSO  onde aínda poidemos observar todas as cores do bonito OUTONO: amarelo , laranxa, marrón , vermello ...    Tamén realizamos 2 obradoiros:    - Elaboración de marmelada de kiwi : onde sacamos a pulpa cunha culler, machucamos, botámoslle azucre, remexemos e, xa por último, as monitoras quentaron e meteron en botes para levar.    - Obradoiro de reciclaxe : rasgamos papel de xornal, o mollamos en auga, remexemos, peneiramos e o puxemos en diferentes moldes. Tamén lles botamos unhas poucas sementes e xa temos listo o noso pequeno horto con material de refugallo.     Unha gran experiencia!!!!!     Podedes ver todo neste vídeo. Esperamos que vos guste.  

DÍA DO PEÓN 2023

Imagen
O 11 de novembro conmemórase o Día do Peón que,  para o noso cole, é unha das datas máis especiais do ano. O cole de Esteiro ten unha importante colección de peóns, trompos e buxainas que forman parte do seu Museo do Xogo Popular , así que esta conmemoración é para todos e todas nós un gran día.  Ao longo de varias semanas nas aulas decoramos peóns, coñecimos ou lembramos o nome das súas partes, bailamos a canción "Teño unha buxaina" ...   actividades enmarcadas dentro da celebración deste día.  O venres, día 10, fixemos unha celebración conxunta no pavillón, onde houbo varias actividades:  Demostración en directo da creación dunha buxaina por parte de Adolfo da asociación "Virutas" de Narón. Canción "Teño unha buxaina" interpretada por toda a comunidade educativa. Lectura dun manifesto e refráns populares. Explicación das partes do peón por parte de Gonzalo, mestre de EF. Entrega de diplomas "máster" e "súpermáster" e exhibición dos ma

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Imagen
Tempo de Samaín e Magosto , celebracións vencelladas ao cambio de estación, á chegada do outono e de froitos e froitas como as cabazas e as castañas, protagonistas- sen dúbida- destas datas.  O día 30 e 31 de outubro celebramos na escola o Magosto e o Samaín . Houbo   algunha novidade, como a visita dun castañeiro, Carlos. Este recibíunos no patio cuberto, cun carro con forma de locomotora no que asou unhas saborosas castañas. Despois de recollelas voltamos ás clases para encher os cucuruchos e saír de novo, para compartir o Magosto con todos os nenos e nenas de infantil.  Para o Samaín traballamos arreo baleirando e decorando cabazas, aportadas polas familias. Houbo meigas , arañas , monstros e ata uns minions ! Entre todo o alumnado conseguimos facer unha exposición ben terrorífica e colorida, con cabazas de moitos tamaños e formas.  Ademais aqueles que o desexaron puideron acudir disfrazados, dando un ambiente festivo a un día tan especial.  Grazas a todos e todas os que fixésted

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2023: PEPABLO PATINHO

Imagen
   O DÍA 25 DE OUTUBRO TIVEMOS O PRACER DE TER CON TOD@S NÓS A UN EXALUMNO DO NOSO COLE: AO GRAN   PEPABLO PATINHO .    CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES , O ACTOR E ESCRITOR  EMOCIONOUSE DE VOLTAR  AO SEU QUERIDO COLE DE ESTEIRO E REMEMORAR  A SÚA INFANCIA.    PEPABLO CONVIDOUNOS A UTILIZAR A NOSA IMAXINACIÓ N E FALOUNOS DA SÚA MARABILLOSA OBRA EN POESÍA "LÚA" .    GRAZAS PEPABLO PATINHO POR ESTE DÍA  TAN DIVERTIDO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. ESPERAMOS QUE O TEU COLE ESTÉ IGUAL OU MILLOR DO QUE O RECORDABAS.     A NOSA RAPAZADA  AGRADÉCETE ESTE GRAN MOMENTO!!!!    PODEDES VER A SÚA VISITA NO SEGUINTE VÍDEO:  

A VENDIMA 4 ANOS

Imagen
     A  CLASE  DE 4 ANOS  REALIZOU UNHA ACTIVIDADE PROPIA  DO OUTONO: A  VENDIMA .     NESTA  ACTIVIDADE  DEBULLAMOS   OS ACIOS DE UVAS, MACHUCAMOS AS UVAS, PROBAMOS  O  ZUME   E  PINTAMOS COA SÚA PEL , ONDE OBSERVAMOS DIFERENTES TONOS DE MORADO.     DISFRUTAMOS MOITO COA   VENDIMA!!!!!! PODEDES VER A ACTIVIDADE NO SEGUINTE VÍDEO:

A ÁRBORE DAS LETRAS 2023

Imagen
       COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2023-2024 DANDO A BENVIDA   AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL CUNHA ÁRBORE CHEA DE L E T R A S . LETRAS   QUE CORRESPONDEN COA INICIAL DOS SEUS NOMES:   M , L , E , H , I , T , X , J , N , B , A , R , F , O , S , V ...     DECORÁRONSE CON DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS E QUEDARON ASÍ DE BONITAS!!!!!     PODEDES VER A SÚA CREACIÓN NO SEGUINTE VÍDEO:

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

Imagen
O 11 de setembro os peques de 4º de educación infantil comezamos a nosa andaina no cole de Esteiro. Novos espazos, novos compas, novo profesorado, moitas novas experiencias ás que estamos vivindo! Falando de espazos... mirade que bonita é a nosa clase :-) Levamos pouquiño tempo na escola pero xa imos facendo amigos e amigas, aprendendo os seus nomes, creando vínculos afectivos con pequenos e maiores,  establecendo rutinas e coñecendo os diferentes espazos da escola: aula, parque, biblioteca... No video veredes unha pequena mostra destas primeiras semanas no cole. Esperamos que vos guste!

ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE 3 ANOS

Imagen
      O CURSO XA CHEGA AO SEU FIN E SÓ NOS QUEDA RECORDAR AQUELES MOMENTOS , ACTIVIDADES , RISAS E XOGOS REALIZADOS NO TERCEIRO TRIMESTRE POLOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS.      AS ACTIVIDADES FORON MOITAS E DIVERSAS COMO: O DÍA DO LIBRO , OS MAIOS , A SAÍDA Á AFUNDACIÓN PARA DESFRUTAR DA OBRA DE TEATRO "FEO" , O DÍA DAS LETRAS GALEGAS , A PLANTACIÓN DE FLORES NA AULA, A PLANTACIÓN DE LEITUGAS E DE PATACAS NA HORTA DO PATIO DE RECREO, DO PROXECTO DE REBECA ATENCIA E OS CHIMPANCÉS E A ELABORACIÓN DUN MINIMUNDO PARA TRABALLAR O TEMA, OS ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENAS, A FESTA DE FINAL DE CURSO , O DÍA DO DEPORTE ...    MOITAS DESTAS ACTIVIDADES PODEDES OLLALAS NO SEGUINTE VÍDEO. ESPERO QUE VOS GUSTE. AGORA XA TOCA  DESFRUTAR DO VERÁN.   MOITAS GRAZAS POR TODO!!!!

XOGOS NA BIBLIO

A finais de curso, a  Pescadora de Historias comeza a recoller todos os contos e libros que nenos e nenas empregaron nestas últimas semanas, así que xa non podemos levar empréstitos para casa.  Pero houbo unha pequena sorpresa na visita desta semana á biblio da escola: unha sesión de xogos e actividades creativas.  Todos os peques de infantil puideron empregar o recanto LEGO (tamén o de maiores!), debuxar , facer marcapáxinas , xogar coas marionetas ou ler libros e contos . Foi unha sesión moi divertida, como poderedes ver no seguinte video. Grazas a todas as familias pola colaboración nestes meses, lendo e coidando os contos e participando activamente na actividade das mochilas viaxeiras. 

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023

No mes de xuño non pode faltar a saída de fin de curso, que fixemos o xoves -día 8-  á Granxa Belelle , en Neda.  Despois da viaxe en autobús, os monitores recibíronnos á chegada e distribuíronnos en grupos para poder facer todos os talleres. Estes foron: coidados e plantación no horto , visita aos animais (domésticos e exóticos) e paseo en poni . Fomos visitando as instalacións, cada grupo acompañado dun monitor: Juani, Xurxo, Begoña... Todos e todas explicaron moitos detalles dos animais, como a súa orixe e alimentación. Coñecimos á vaca Shakira , ao burro Trancas , á mini poni Xeada -que tiña un fillo aínda máis mini-, a cobaia Grey ... Tamén vimos ás aves, pavos, galiñas, galos; e outros animais como a llama ou o dromedario , que nos botou a lingua para saudarnos. No taller de horto prantamos unha semente de faba ; como este ano prantamos na escola sabiamos un montón de cousas, pero aínda así foi moi interesante escoitar as explicacións sobre os coidados da semente. A ver se ha

XOGAR A PENSAR

Imagen
Ao longo do curso nas sesións de xogar a pensar realizamos diferentes actividades e propostas.  No 1º trimestre co alumnado de 5º e 6º de infantil centrámonos nos sentidos , e co alumnado de 4º de infantil fixemos xogos e pequenos retos relacionados coa lóxico matemática .  No 2º e 3º trimestre a pintura foi a protagonista, coñecendo pintores e pintoras, reflexionando e aprendendo as través dos seus cadros. En concreto falamos da obra de Pablo Picasso , Maruja Mallo e Menchu Lamas . Deste xeito tamén demos visibilidade a dúas pintoras relevantes no pasado e presente da pintura, a pintora surrealista Maruja Mallo e Menchu Lamas, membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Aínda que o alumnado levou un pequeno dossier coas actividades realizadas, non podíamos incluír todas as conversas e reflexións realizadas. Pero poderedes ler as conversas da primeira actividade sobre os cadros "Neno con pomba" e "Pobres á beira do mar",  premendo no seguinte enlace: http://www.

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Imagen
  Premendo na imaxe poderedes ver un video sobre a actividade de apadriñamento lector . O alumnado de 5º e 6º de infantil converteuse por uns días en afillados e afilladas dos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria.  Fixemos unhas parellas, estiveron na biblioteca para falar un pouquiño e coñecer os gustos lectores dos máis pequenos e, finalmente,  tiveron un momento de lectura ao aire libre, aproveitando o bo tempo destes días.  Foi unha bonita experiencia que puidemos recuperar despois dun tempo sen poder facer actividades internivelares. 

BENVIDA PRIMAVERA

Imagen
Estas semanas na escola houbo varias propostas relacionadas coa primavera, como facer un pequeno mural ou plantar diferentes sementes .  Para a realización do mural aproveitamos a árbore que fixemos para o outono, decorándoa cun montón de flores. Na aula de 3 anos decidiron colorear un círculo e estampar pétalos de cores; nas aulas de 4 e 5 anos observaron diferentes imaxes de flores (tulipán, margarita, crisantemo...) e debuxaron as que máis lles gustaron. Despois, nas aulas plantamos diferentes sementes de flores en vasos de iogur, así reutilizamos o plástico dándolle unha segunda vida.  Pero a cousa non quedou aí, tamén aproveitamos os bancais do patio para plantar leitugas e patacas . Polo de agora están medrando moi ben, esperamos ter unha boa colleita! No video veredes parte deste traballo, esperamos que vos guste!

OS MAIOS 2023

Imagen
Coa chegada da primavera festexamos a festa dos maios , que pouco a pouco vai tendo unha maior presenza na nosa comarca.  Grazas a colaboración das familias, estes días, a escola estivo chea de cores e olores: crisantemos , margaritas , calas , rosas ... e grazas a axuda de Lola e Merce todo o alumnado da escola creou un maio así de bonito :-) No video veredes como os peques de infantil puxeron cor á base do noso maio, que é un estupendo e florido peón. 

O PREGUNTÓN

Un ano máis celebramos o Día do Libro na escola co Preguntón . O Preguntón é un concurso no que todo o alumnado da escola contesta unha serie de preguntas relacionadas cos libros, a biblioteca e algunha temática concreta, neste caso referidas ao Museo do Xogo Popular.  Este curso o formato mudou un pouquiño, e plantexouse como xogo de pistas , así que nenos e nenas de infantil tiveron que realizar unha serie de probas na aula, museo e biblioteca da escola. Paso a paso, foron facendo un percorrido pola colexio, atopando pistas, resolvendo adiviñas ou contestando algunha pregunta. En cada clase houbo 5 grupos, asociados a cinco cores por medio duns colgantes cun peón, que despois os peques puideron levar para casa. As pistas estaban en sobres de cores, se atopaban un sobre vermello contestaba o grupo que tiña o colgante desa cor,  e así sucesivamente ata atopar o resto dos sobres: amarelo , verde , laranxa e azul . Esta actividade está incluída na liña de traballo de dinamización

VISITA AO MUSEO DO HUMOR "XAQUÍN MARÍN"

Imagen
A finais do 2º trimestre todos os nenos e nenas de infantil fixeron unha visita ao Museo do Humor "Xaquín Marín" , situado no Concello de Fene. Se premedes na imaxe poderedes ver información sobre este interesante museo, único en Galicia. Á nosa chegada, recibiunos Almudena , coordinadora do museo, que fixo de guía por todas as salas. Despois dun ratiño de risas nos "espellos deformantes" pasamos ao museo, onde ademais de viñetas e ilustracións, hai estatuas, libros, cómics... Hai pouco que o museo mudou o seu nome chamándose "Xaquín Marín" en homenaxe ao seu creador. Tamén teñen unha mascota, a Curuxa , e hai uns premios co seu nome, que se celebran todos os anos. Tamen vimos un espazo dedicado a caricaturas, visitamos a sala do humor negro, onde a nosa roupa branca comezou a brilar... Despois fixemos un pequeno descanso no parque que hai detrás do museo e, coas pilas cargadas de novo, visitamos a Biblioteca Municipal de Fene , ubicada no mesmo edificio

ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE 3 ANOS

Imagen
    XA REMATOU O 2º TRIMESTRE E TAMÉN ESTIVO CARGADO DUNHA MOREA DE APRENDIZAXES, ILUSIÓNS E  ACTIVIDADES COMO: O DÍA DA PAZ , O ENTROIDO , O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO ; O 8M , POÑENDO Á NOSA AULA O NOME DE REBECA ATENCIA , FERROLANA ILUSTRE ADICADA AO COIDADO DOS CHIMPANCÉS CON JANE GOODALL, NO CONGO; REALIZAMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN AO MUSEO DO HUMOR DE FENE E Á SÚA BIBLIOTECA MUNICIPAL; O DÍA DA INTERCULTURALIDADE , ONDE COÑECIMOS MOITAS COUSAS SOBRE BRASIL ; E REMATAMOS O PROXECTO DOS XOGOS POPULARES , ONDE XOGAMOS Á M A R I O L A , COAS CANICAS E CO BOLICHE .    PASÁMOLO XENIAL!!!!!    PODEDES VER TODAS AS ACTIVIDADES NO SEGUINTE VÍDEO. ESPERO QUE VOS GUSTE MOITO ;)  

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O día 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha actividade proposta polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, na que participamos todos os nenos e nenas do cole.  Trátase dunha intervención poética nas escaleiras do colexio,  que conducen ao primeiro andar. A proposta foi decorar varios versos de dous poemas  moi coñecidos  de Rosalía de Castro : "Adiós ríos, adiós fontes" e "Campanas de Bastabales" .  Cada aula decorou catro versos do poema, de xeito libre, creando así un poema de distintas cores e tipografías. O resultado, como vedes nas fotos, é moi bonito, dándolle moita luz e cor ás escaleiras.  Nas aulas de infantil investigamos sobre a vida e obra de Rosalía , limos algúns poemas, ordenamos os versos...   Por sorte Rosalía é infinita e, todos os anos, o EDLG ten propostas tan chulas como esta para que sempre celebremos o Día de Rosalía.  Xa para rematar, se premedes na imaxe veredes un video-conto de "Os Bolechas" sobre a vida de Rosa

ENTROIDO 2023

Imagen
Este ano o Entroido ten unha temática moi especial para o noso cole: os xogos populares. Na escola estamos inmersos nun proxecto de revitalización do noso Museo do Xogo Popular , así que o eixo dinamizador foi disfrazarnos como nenos e nenas doutro tempo empregando diferentes xogos populares. A elección dos xogos correspóndese co calendario escolar elaborado para o 2023, que podedes visualizar e descargar no seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1135 Cada aula escolleu un cadro para representar graficamente, ben debuxando, empregando o collage ou calquera outro tipo de expresión plástica. E, para o Entroido, o disfrace estivo relacionado co cadro traballado en cada clase. A continuación tedes os debuxos do calendario das aulas de infantil: 3 ANOS-  "Rayuela" de Luisa Fuster Vercher 4 ANOS-  "Muchachos jugando al boliche" de José del Castillo 5 ANOS-" Niños jugando con bolas" de Antonio López Torres Nestas semanas realizamos v

DÍA DA PAZ 2023

Imagen
O Día da Paz chegou e este ano o noso cole quixo dedicarllo a Ucraína , país en guerra desde hai practicamente un ano.  Nas aulas de infantil tratouse este tema para que nenos e nenas expresasen os seus desexos de paz e non violencia, que despois escribiron nuns possit. Con todos os possit configurouse unha gran bandeira de Ucraína que decora o espazo de usos múltiples.  Nese mesmo lugar, o día 30, xuntámonos todos os nenos e nenas da escola xunto con profesorado para compartir os nosos bos desexos para este país e todos aqueles lugares onde haxa algún conflito armado.  Ademais fixemos unha pequena bandeira que levamos para casa como recordo deste día.  A Pescadora de historias tampouco se olvidou desta conmemoración e trouxo para cada clase unha caixiña con contos sobre paz, convivencia, respecto...  No seguinte video veredes parte das actividades que realizamos. Esperamos que vos guste!