DÍA DO PEÓN 2022

Este curso a celebración do día do Peón retomou a normalidade e foi un día de xuntanza e xogo para todos os nenos e nenas da escola. Os días previos, todo o alumnado de infantil estivo decorando o seu peón nas aulas para despois bailalo e xogar con el. Tamén visitamos o Museo do Xogo Popular no que hai diferentes tipos de peóns e buxainas, así como carteis explicativos sobre a súa elaboración e partes. Co profe Gonzalo aprendimos as partes do peón: virolusa , capa , panza e punta . Estas formaron parte dun mural xigante, que alumnado de 6º de primaria preparou para este día. E como en toda festa non pode falta a música, escoitamos a canción "Teño unha buxaina" e practicamos moito para cantala todos xuntos no pabillón o día do Peón, xa case é un himno para o noso cole. Ademais no pabillón esperábanos Adolfo, da Asociación de Torneiros "Virutas" , para aprendernos como se constrúe un peón. Agasallou á escola cunha gran buxaina e outras máis pequeniñas que estiv...