VISITA AO MUSEO DO HUMOR "XAQUÍN MARÍN"

A finais do 2º trimestre todos os nenos e nenas de infantil fixeron unha visita ao Museo do Humor "Xaquín Marín", situado no Concello de Fene. Se premedes na imaxe poderedes ver información sobre este interesante museo, único en Galicia.



Á nosa chegada, recibiunos Almudena, coordinadora do museo, que fixo de guía por todas as salas. Despois dun ratiño de risas nos "espellos deformantes" pasamos ao museo, onde ademais de viñetas e ilustracións, hai estatuas, libros, cómics...

Hai pouco que o museo mudou o seu nome chamándose "Xaquín Marín" en homenaxe ao seu creador. Tamén teñen unha mascota, a Curuxa, e hai uns premios co seu nome, que se celebran todos os anos.

Tamen vimos un espazo dedicado a caricaturas, visitamos a sala do humor negro, onde a nosa roupa branca comezou a brilar...

Despois fixemos un pequeno descanso no parque que hai detrás do museo e, coas pilas cargadas de novo, visitamos a Biblioteca Municipal de Fene, ubicada no mesmo edificio. 

A bibliotecaria, Carolina, explicounos as normas de biblioteca e onde estaban ubicados os libros para nenos e nenas das nosas idades, que tiñan unha etiqueta azul. Tamén nos preguntou pola biblioteca da nosa escola e lle contamos moitas cousas sobre a Pescadora de Historias :-)

Puidemos colorear algúns personaxes de debuxos e despois tivemos un tempo de lectura. Había moitos contos así que estivemos encantados mirando, explorando e compartindo cos nosos compañeiros e compañeiras. 

Tamén recibimos de agasallo unha libreta da biblioteca, así que marchamos súper contentos!

Moitas grazas a Almudena e Carolina pola súa amabilidade, gustounos moito o museo e estamos desexando volver agora con vós, as familias. Non perdades a oportunidade de coñecelo!






Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023