ENTROIDO 2023
Este ano o Entroido ten unha temática moi especial para o noso cole: os xogos populares. Na escola estamos inmersos nun proxecto de revitalización do noso Museo do Xogo Popular, así que o eixo dinamizador foi disfrazarnos como nenos e nenas doutro tempo empregando diferentes xogos populares. A elección dos xogos correspóndese co calendario escolar elaborado para o 2023, que podedes visualizar e descargar no seguinte enlace:
Cada aula escolleu un cadro para representar graficamente, ben debuxando, empregando o collage ou calquera outro tipo de expresión plástica. E, para o Entroido, o disfrace estivo relacionado co cadro traballado en cada clase. A continuación tedes os debuxos do calendario das aulas de infantil:
3 ANOS- "Rayuela" de Luisa Fuster Vercher
4 ANOS- "Muchachos jugando al boliche" de José del Castillo
5 ANOS-"Niños jugando con bolas" de Antonio López Torres
Nestas semanas realizamos varias actividades vinculadas co xogo popular e co museo pero tamén co Entroido. Ademais no 2º trimestre nenos e nenas de infantil estamos a investigar sobre diferentes xogos, tema do proxecto deste 2º trimestre.
No video veredes parte das actividades previas ao Entroido e fotos do día da celebración, que por fin -despois de dous cursos- puido ser aberta para todas as familias.
Comentarios
Publicar un comentario