XOGOS NA BIBLIO
A finais de curso, a Pescadora de Historias comeza a recoller todos os contos e libros que nenos e nenas empregaron nestas últimas semanas, así que xa non podemos levar empréstitos para casa.
Pero houbo unha pequena sorpresa na visita desta semana á biblio da escola: unha sesión de xogos e actividades creativas.
Todos os peques de infantil puideron empregar o recanto LEGO (tamén o de maiores!), debuxar, facer marcapáxinas, xogar coas marionetas ou ler libros e contos.
Foi unha sesión moi divertida, como poderedes ver no seguinte video.
Grazas a todas as familias pola colaboración nestes meses, lendo e coidando os contos e participando activamente na actividade das mochilas viaxeiras.
Comentarios
Publicar un comentario