DÍA DO PEÓN 2023
O 11 de novembro conmemórase o Día do Peón que, para o noso cole, é unha das datas máis especiais do ano. O cole de Esteiro ten unha importante colección de peóns, trompos e buxainas que forman parte do seu Museo do Xogo Popular, así que esta conmemoración é para todos e todas nós un gran día.
Ao longo de varias semanas nas aulas decoramos peóns, coñecimos ou lembramos o nome das súas partes, bailamos a canción "Teño unha buxaina"... actividades enmarcadas dentro da celebración deste día.
O venres, día 10, fixemos unha celebración conxunta no pavillón, onde houbo varias actividades:
- Demostración en directo da creación dunha buxaina por parte de Adolfo da asociación "Virutas" de Narón.
- Canción "Teño unha buxaina" interpretada por toda a comunidade educativa.
- Lectura dun manifesto e refráns populares.
- Explicación das partes do peón por parte de Gonzalo, mestre de EF.
- Entrega de diplomas "máster" e "súpermáster" e exhibición dos maiores xogando ao trompo.
- Tirada de peón de todos os nenos e nenas da escola.
No video veredes o ben que o pasamos! E lembrade...
POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!
Comentarios
Publicar un comentario