PROTAGONISTA DA SEMANA: ALEJANDRA

ALEJANDRA: UNHA CAMPIONA DO JENGA. Alejandra veu acompañada pola súa nai Ana para explicarnos como se xoga ao Jenga, xogo favorito da familia. Primeiro, explicaron as NORMAS do xogo: -Facer unha torre. -Colocar as pezas de 3 en 3. -Poñelas cruzadas. -Cando xa está feita a torre, hai que quitar de unha en unha as pezas cunha soa man e colocalas enriba. A quen se lle caia a torre perde e ten que volver a construíla outra vez. Saíron uns voluntarios para facer unha proba de cómo se xoga. Despois, xogaron todos os compañeiros e compañeiras de Alejandra. Caeu varias veces a torre, pero non pasa nada, voltamos a xogar outra vez. Eu tamén probei, ai que nervios!!!! Caeume a torre á primeira!!! ...