Entradas

Mostrando entradas de 2021

ENTROIDO 2021

Imagen
Febreiro chegou e con el o tempo de Entroido , de troula e de festa... Este ano como novidade tivemos a visita do Meco que cos seus mandados foi alegrándonos a semana. Cada día acudimos á escola con diferentes prendas e adornos, todos moi guapos e guapas e dispostos a facer da semana de Entroido unha semana especial. Ao longo da semana todos os nenos e nenas de infantil fixeron un anteface que levaron para casa a finais de semana.  O venres, a falta de encontro coas familias e os demais nenos e nenas da escola, degustamos produtos típicos: orellas , freixós , rosquillas ...  Moitas grazas ás familias por colaborar e facer posible esta saborosa merenda.  Na presentación veredes que ben o pasaron os peques de 3, 4 e 5 anos. Esperamos que vos guste!

DÍA DA PAZ 2021

O día 29 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non violencia e da Paz.  Foi unha semana moi especial na que participamos en diferentes actividades, desfrutamos e aprendimos moito. 😊 Aínda que este ano non foi posible unha celebración conxunta de todo o cole, si que acordamos traballar os diferentes símbolos da Paz , un distinto en cada clase. Comezamos cunha conversa sobre o que significa a Paz e a Non Violencia ; saíron cousas moi interesantes: coidar, compartir, estar tranquilos, axudar... Logo xa pasamos a traballar co símbolo da Paz. Na aula de 3 anos eliximos a Pomba da Paz, coñecimos a Gandhi e a Picasso , xa que utilizamos algunhas das súas pombas para traballar. Na aula de 4 anos eliximos o "Arco Iris da Paz" e descubrimos que ten as sete cores do arco da vella ao revés. Na clase de 5 anos traballamos sobre o logo da Paz e vimos que as liñas de dentro do círculo representan as letras D e N (desarme nuclear) no alfabeto semáforo. Ademáis, nas clases de 3 e 4