Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE 3 ANOS

   Xa rematado o 1º trimestre, só queda recordar tódalas actividades nas que participamos tan activamente e con tanto entusiasmo e interés, como o Samaín e o Magosto , o Día do Peón , o mes da ciencia en galego , o 25 N , os traballos realizados na clase como a inicial do noso nome e o libro da canción do tan querido "O POLO PEPE" e todas a actividades do Nadal . Todo isto e moito máis podedes disfrutalo no seguinte vídeo:   FELICES  FESTAS  E  FELIZ  ANINOVO!!!!

NADAL 2022

O mes de decembro estivo cheo de actividades para os máis peques da escola, houbo moito traballo pero tamén diversión e tempo de lecer.  No video veredes algunhas das cousas que fixemos, nun Nadal onde retornaron os encontros co festival de Nadal ou a tradicional chocolatada organizada pola ANPA da escola.  Fixemos un fermoso poboado de inverno , postais e adornos de Nadal , ensaiamos con Xairo e as profes unha cancións ben marchosas e fomos á biblioteca a escoitar contos de Nadal cos maiores da escola, os axudantes da Pescadora de Historias.  Grazas a todos e todas os que fixéchedes que fora posible, ANPA, familias, profesorado e alumnado.  Felices Festas de parte de todo o alumnado e profesorado de Educación Infantil!