BENVIDA PRIMAVERA

Estas semanas na escola houbo varias propostas relacionadas coa primavera, como facer un pequeno mural ou plantar diferentes sementes

Para a realización do mural aproveitamos a árbore que fixemos para o outono, decorándoa cun montón de flores. Na aula de 3 anos decidiron colorear un círculo e estampar pétalos de cores; nas aulas de 4 e 5 anos observaron diferentes imaxes de flores (tulipán, margarita, crisantemo...) e debuxaron as que máis lles gustaron.


Despois, nas aulas plantamos diferentes sementes de flores en vasos de iogur, así reutilizamos o plástico dándolle unha segunda vida. 
Pero a cousa non quedou aí, tamén aproveitamos os bancais do patio para plantar leitugas e patacas. Polo de agora están medrando moi ben, esperamos ter unha boa colleita!

No video veredes parte deste traballo, esperamos que vos guste!






Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023