Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA BELELLE

Imagen
Para ir iniciando a despedida deste curso escolar os pequenos e pequenas de Educación Infantil fixeron unha visita á granxa escola de Belelle.  Os nenos e nenas coñeceron aos animaliños que viven na granxa, montaron no poni León, fixéronlle unha visita ao cerdo Antón, ao burro Rufo, á vaca Saquira e ao dromedario Pipo. Tamén puideron darlle de comer ás galiñas da granxa e observar diferentes tipos de ovos.  Outra das actividades que realizaron foi a elaboración do seu propio boliño de pan, que posteriormente levaron ás súas casas. Seguramente algún/a xa aproveitou para comelo de camiño á casa! Que rico!  A excursión resultou un momento moi gratificante para os pequenos e pequenas, un momento de compartir cos seus compañeiros/as experiencias que estamos seguras recordarán sempre! Saúdos!!

LEVAMOS A CASA AS LEITUGAS

Imagen
    XA TEMOS AS LEITUGAS EN CASA!!!!     Fomos ata o horto a observar como medraron as leitugas, xa estaban grandísimas.     Como xa valían para recoller, pusémonos mans á obra.    Despois, repartímolas nuns cestiños ben xeitosos de papel de periódico.     Mercedes, Leti, Ana e Soraya esperamos que estiveran riquíiiiiiiiiisimas!!!!!!    

PROTAGONISTA DA SEMANA: ÁLVARO

Imagen
    ÁLVARO: UN EXPERTO EN DIGIMON.     Álvaro veu acompañado pola súa nai Alba, o seu pai José e o seu irmán Breogán a contarnos que é Digimon.    Son uns monstruos que evolucionan convertíndose cada vez en máis fortes, os calen entraron a través dun ordenador no mundo Digimon.  O seu creador foi Akiyoshi Hongo no ano 2000.    Existen 8 Digimon e Álvaro ensinounos dous deles.    Tamén poidemos bailar coa música da serie.    E vimos un capítulo no que mostraron todos os seus poderes.    Digimon é unha serie que seguiron os pais e agora disfruta Álvaro. Son de Xapón e veñen do Manga, que significa "contar unha historia"    Por último, Álvou entregou aos seus compañeiros e compañeiras uns debuxos para colorear na casa.     GRAZAS ÁLVARO, UNHA GRAN HISTORIA DIGIMON!!!

PROTAGONISTA DA SEMANA: LIONEL

Imagen
       LIONEL: GRAN AFICIONADO AOS ZUPERZINGS.     Lionel veu acompañado pola súa nai Gloria para ensinarnos  toda a súa colección dos Zuperzings.     Mostrounos: un lanzador, coches de villanos, parada de carreiras, cárcere,...        Tamén ensinounos moitos vehículos superzings:    .Helicóptero    .A moto máis rápida, que ten dous propulsores.    .Coches.           Ademáis, ten un ROBOT que pode romper tódalas cousas cos seus puños de aceiro e pode voar coas súas alas.        Logo, ensinounos o seu superzing favorito: O LABORATORIO.            Por último, Lionel explicounos que tamén hai MÁSCARAS e CÓMICS :     GRAZAS LIONEL, UNHA GRAN COLECCIÓN!!!!