DÍA DO LIBRO 2021
O 23 de abril conmemoramos na escola o Día do Libro . A proposta da Pescadora de Historias , a mascota da nosa biblioteca, foi participar no concurso "O preguntón" . Un concurso! Pareceunos xenial, así que ao longo da semana tivemos que investigar nos libros que nos enviou a Pescadora así como ver unha presentación no encerado dixital, onde se explica como atopar os libros na biblio, as súas temáticas... Como os nenos e nenas de infantil somos moi traballadoriños, respostamos ben a todas as preguntas e a Pescadora agasallounos cun premio que levamos para casa o venres, día 23. Deixámosvos unhas fotos do proceso e a recollida de premios. Os peques aprenderon un montón e puidemos achegármonos un pouco máis á biblio, nun ano no que non podemos vistala como nos gustaría. No seguinte enlace poderedes ver a presentación que ollamos na clase, é moi interesante! https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2021/04/guias-da-biblioteca-2.html Comezamos a buscar as res...