Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

PROXECTO "OS XOGOS OLÍMPICOS"

Imagen
Ao longo do 2º trimestre o corredor de educación infantil achegouse a Olimpia , en concreto, á celebración dos Xogos Olímpicos . Durante varias semanas afondamos no coñecemento de diferentes deportes, a orixe das Olimpíadas, os seus símbolos e elementos máis característicos, diferentes mascotas... Como sempre temos que agradecer ás familias a súa colaboración, aportando libros e contos, información, materiais deportivos... que puidemos compartir cos nosos compañeiros e compañeiras.  Foron semanas moi intensas, cun divertido Entroido de por medio, no que nos caracterizamos como esgrimistas, deporte sobre o que tamén aprendimos moito. Sobre este deporte elaboramos un cartel informativo que estivo exposto na entrada da escola.  Con toda a información elaboramos un lapbook cunha chea de actividades e xogos que poderemos repetir e compartir as veces que queiramos.  No video veredes como foi o desenvolvemento deste proxecto conxunto entre as tres aulas de educación infantil.