Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O día 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha actividade proposta polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, na que participamos todos os nenos e nenas do cole.  Trátase dunha intervención poética nas escaleiras do colexio,  que conducen ao primeiro andar. A proposta foi decorar varios versos de dous poemas  moi coñecidos  de Rosalía de Castro : "Adiós ríos, adiós fontes" e "Campanas de Bastabales" .  Cada aula decorou catro versos do poema, de xeito libre, creando así un poema de distintas cores e tipografías. O resultado, como vedes nas fotos, é moi bonito, dándolle moita luz e cor ás escaleiras.  Nas aulas de infantil investigamos sobre a vida e obra de Rosalía , limos algúns poemas, ordenamos os versos...   Por sorte Rosalía é infinita e, todos os anos, o EDLG ten propostas tan chulas como esta para que sempre celebremos o Día de Rosalía.  Xa para rematar, se premedes na imaxe veredes un video-conto de "Os Bolechas" sobre a vida de Rosa

ENTROIDO 2023

Imagen
Este ano o Entroido ten unha temática moi especial para o noso cole: os xogos populares. Na escola estamos inmersos nun proxecto de revitalización do noso Museo do Xogo Popular , así que o eixo dinamizador foi disfrazarnos como nenos e nenas doutro tempo empregando diferentes xogos populares. A elección dos xogos correspóndese co calendario escolar elaborado para o 2023, que podedes visualizar e descargar no seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1135 Cada aula escolleu un cadro para representar graficamente, ben debuxando, empregando o collage ou calquera outro tipo de expresión plástica. E, para o Entroido, o disfrace estivo relacionado co cadro traballado en cada clase. A continuación tedes os debuxos do calendario das aulas de infantil: 3 ANOS-  "Rayuela" de Luisa Fuster Vercher 4 ANOS-  "Muchachos jugando al boliche" de José del Castillo 5 ANOS-" Niños jugando con bolas" de Antonio López Torres Nestas semanas realizamos v

DÍA DA PAZ 2023

Imagen
O Día da Paz chegou e este ano o noso cole quixo dedicarllo a Ucraína , país en guerra desde hai practicamente un ano.  Nas aulas de infantil tratouse este tema para que nenos e nenas expresasen os seus desexos de paz e non violencia, que despois escribiron nuns possit. Con todos os possit configurouse unha gran bandeira de Ucraína que decora o espazo de usos múltiples.  Nese mesmo lugar, o día 30, xuntámonos todos os nenos e nenas da escola xunto con profesorado para compartir os nosos bos desexos para este país e todos aqueles lugares onde haxa algún conflito armado.  Ademais fixemos unha pequena bandeira que levamos para casa como recordo deste día.  A Pescadora de historias tampouco se olvidou desta conmemoración e trouxo para cada clase unha caixiña con contos sobre paz, convivencia, respecto...  No seguinte video veredes parte das actividades que realizamos. Esperamos que vos guste!