APADRIÑAMENTOS LECTORES

 


Premendo na imaxe poderedes ver un video sobre a actividade de apadriñamento lector. O alumnado de 5º e 6º de infantil converteuse por uns días en afillados e afilladas dos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria. 

Fixemos unhas parellas, estiveron na biblioteca para falar un pouquiño e coñecer os gustos lectores dos máis pequenos e, finalmente,  tiveron un momento de lectura ao aire libre, aproveitando o bo tempo destes días. 

Foi unha bonita experiencia que puidemos recuperar despois dun tempo sen poder facer actividades internivelares. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025