Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Imagen
Rematando o mes de outubro é tempo de conmemorar dous momentos moi especiais: O Samaín e o Magosto .  Para festexar o Samaín decoramos varias cabazas por aula, aportadas polas familias de varios nenos e nenas, con diferentes técnicas e materiais.  O Equipo de Dinamización de Lingua Galega solicitou a nosa colaboración para crear uns debuxos sobre o medo , así que tamén estivemos atarefados pensando, debuxando e decorando monstros e zombies. Os días 28 e 29 visitamos a exposición de cabazas e debuxos , que quedou terroríficamente xenial!  O venres, fixemos unha merenda con produtos típicos de outono para celebrar o Magosto. Ademais puidemos vir disfrazados, así que o ambiente era moi festivo :-) O outono segue o seu curso e agora toca poñernos a traballar na decoración da exposición de froitos que haberá proximamente. En breve contaremos por aquí o que estamos argallando! Graciñas a todas as familias ,  sodes unha parte fundamental para poder celebrar estas datas, grazas a vosa  cola

VISITA MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
    O PASADO XOVES, AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS DO COLE FOMOS DE EXCURSIÓN AO MUÍÑO DE PEDROSO   PARA LEVAR A CABO VARIAS ACTIVIDADES DO OUTONO.     PRIMEIRO ELABORAMOS MARMELADA DE PLÁTANO . PARA ELO, MACHACAMOS O PLÁTANO CUN GARFO E DESPOIS ENGADIMOS MÁIS INGREDIENTES: AZUCRE E LIMÓN E...  A  COCIÑAAAAR!!! NO SEGUNDO OBRADOIRO PLANTAMOS LEITUGAS : BOTAMOS UN POUCO DE TERRA NUNHA MACETA, PUXEMOS A PLANTA, ENGADIMOS UN POUQUIÑO MÁIS DE TERRA E LISTO. AGORA  A  REGALA E A COIDALA NA CASA!!!     POR ÚLTIMO, OBSERVAMOS A CONTORNA, DESCUBRIMOS CASTAÑAS E OURIZOS E MOITAS CORES DO OUTONO NAS DISTINTAS FOLLAS.     NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER TODAS AS ACTIVIDADES REALIZADAS NO MUÍÑO DE PEDROSO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

COMEZO DO EMPRÉSTITO E COLGANTE LECTOR

Imagen
    Na primeira semana de outubro comezamos co empréstito de libros cos máis pequeniños e pequeniñas do cole de Esteiro. Para celebralo, a Pescadora de Historias deulles de agasallo:  un   COLGANTE LECTOR!!!!     Este colgante queda na casa e serve para crear un momento agradable e tranquilo de lectura cando se lea o libro emprestado da biblioteca escolar.      Ademáis, cada martes (@s nen@s de 3 anos) e cada xoves (@os nen@s de 4 e 5 anos) levarán o libro escollido  na biblioteca.       Podedes ver nas seguintes fotos, como elixen os contos e como desfrutan na biblioteca realizando unha lectura LIBRE ou DIRIXIDA:         UNHA BIBLIOTECA  DINÁMICA  E  ACTIVA!!!!!

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Imagen
    Este ano por fin podemos abrir a biblioteca do cole de Esteiro con normalidade, xa que,  según o protocolo covid,  o aforo das bibliotecas escolares será o mesmo que o das bibliotecas públicas.    Para celebrar tal acontecemento, a PESCADORA DE HISTORIAS convidou a cada nena e neno de infantil e repartíu unha INVITACIÓN para acudir á biblioteca.            Cada clase estaba moi emocionada e sacamos unha foto coa mascota:          Aproveitamos a visita para recordar as normas, ler un conto e realizar a FORMACIÓN DE USUARIOS , para poder  así realizar o empréstito de libros a primeira semana de outubro.    A sección literaria de infantil está dividida por zonas a través dunha serie de magos con diferentes cores, asignándolle a cada cor un tipo de libros, como podemos ver no seguinte enlace: http://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/search/label/Gu%C3%ADas%20da%20biblioteca     GRAZAS  PESCADORA  DE  HISTORIAS!!!

CORTIZA BENVID@S CURSO 2021-2022

Imagen
            BENVIDAS  E  BENVIDOS  ao novo curso 2021-2022!!!                Comezamos un novo curso cheo de ilusións , esperanza e ledicia . Aínda que continuamos coa máscara, seguimos a traballar na aula por pequenos grupos, experimentando e realizando novas aprendizaxes.       De este modo, realizamos na cortiza do corredor de infantil o cole de Esteiro e, saíndo del, os nosos pequenos e pequenas cun globo que decoraron.    Tamén damos a benvida aos meniños e meniñas de 3 anos , sendo ésta a súa primeira actividade no cole. Así de "chula"  lles quedou:        Na outra cortiza participaron conxuntamente os nenos e nenas de 4 e 5 anos . Que bonita está!!!!