Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

SAMAÍN E MAGOSTO 2019

Imagen
No tempo de outono chegan dúas festas moi especiais: Samaín e Magosto . Os nenos e nenas de infantil decoramos cabazas, comemos castañas e participamos no festival do cole coas cancións "Os monstriños" e "Os esqueletes" . Na presentación veredes canto traballamos e o ben que o pasamos!

CONTACONTOS "AS CORES"

Imagen
    A ANPA do Ceip de Esteiro organizou un contacontos-obradoiro para traballar a igualdade, ademáis de aprender as cores a través da linguaxe de signos.     Foi un relato moi dinámico e atractivo para os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.     Grazas  Lidia  Pena     por  esta  experiencia !!!    

EXCURSIÓN MUÍÑO DE PEDROSO 4 E 5 ANOS

Imagen
     OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS POIDEMOS DISFRUTAR DUN DÍA MOI ESPECIAL NO MUÍÑO DE PEDROSO, NARÓN; ONDE LEVAMOS A CABO 2 OBRADOIROS MOI INTERESANTES: PREHISTORIA : APRENDIMOS COMO VIVÍAN  OS HOMES E MULLERES DAQUELA ÉPOCA, COMO CAZABAN, QUE CAZABAN E COMO PINTABAN AS  COVAS. NÓS PINTAMOS CON CARBÓN E CON BARRO O NOSO BISONTE!!!!   ELABORACIÓN DE MARMELADA : TROCEAMOS E TRITURAMOS COAS MANS PERA , UNHA FROITA CARNOSA DO OUTONO;  BOTÁMOSLLE AZUCRE E LIMÓN, BATIMOS TODO, E LISTO!!!! QUEDOUNOS RIQUÍIIIIIIIIIISIMA!!!!             PASÁMOLO XENIAL!!!!!!

Actividades na clase de 3 anos

Rematado o período de adaptación comezamos a facer algunhas actividades relacionadas con diferentes aspectos: o noso nome, as mates, o outono... Procuramos que sexan tarefas manipulativas e motivadoras e que así todos e todas comecemos a sentirnos a gusto na escola á vez que aprendemos e compartimos cos nosos compis.  Premede para velo en pantalla completa. Esperamos que vos guste!

VISITA ESPECIAL NA CLASE DE 5 ANOS

Imagen
                          A semana pasada visitáronnos dous amigos de Nicolás que viven en Suíza.                           Contáronnos cousas interesantes do seu colexio e dos costumes de Suíza.                           Quedaron a  merendar connosco e a xogar un pouquiño no recreo.