PROTAGONISTA DA SEMANA: LEO O.

LEO ONTAÑÓN: UN EXPERTO EN VIRUS E BACTERIAS. Leo veu acompañado dos seus pais Ana e Javier para contarnos moitas cousas interesantes sobre a vida microscópica. Primeiro, explicaron que hai máis virus e bacterias que persoas no mundo. As persoas temos dentro do intestino groso e delgado bacterias , pero son boas e necesarias para o organismo. En cambio, os virus son todos malos. Despois, contaron que o noso corpo posee un sistema inmunolóxico , que está formado por un conxunto de bichiños que nos axudan a pelexar e a defenderse dos intrusos. Forman parte deste sistema de defensa os leucocitos , tamén chamados glóbulos blancos. Hai de varios tipos de glóbulos blancos: -Leucocitos B -Leucocitos T -Neutrófilos -Macrófagos E nos trouxeron unha maravillosa foto para que poidéramos ver estes glóbulos blancos: ...