DÍA DE ROSALÍA
O día 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha actividade proposta polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, na que participamos todos os nenos e nenas do cole.
Trátase dunha intervención poética nas escaleiras do colexio, que conducen ao primeiro andar. A proposta foi decorar varios versos de dous poemas moi coñecidos de Rosalía de Castro : "Adiós ríos, adiós fontes" e "Campanas de Bastabales".
Cada aula decorou catro versos do poema, de xeito libre, creando así un poema de distintas cores e tipografías. O resultado, como vedes nas fotos, é moi bonito, dándolle moita luz e cor ás escaleiras.
Nas aulas de infantil investigamos sobre a vida e obra de Rosalía, limos algúns poemas, ordenamos os versos... Por sorte Rosalía é infinita e, todos os anos, o EDLG ten propostas tan chulas como esta para que sempre celebremos o Día de Rosalía.
Comentarios
Publicar un comentario