VISITA DE ANTÓN CORTIZAS
O venres, tivemos unha visita moi especial na escola: Antón Cortizas . Celebramos con esta visita o Día das Bibliotecas e previamente fixemos, segundo a aula, varias actividades: Coñecer quen é Antón Cortizas. Ler contos escritos por el. Colorear unha caricatura. Escribir títulos dos seus contos. Ordear versos de poemas seus. Secuenciar as páxinas dun conto escrito por el. Memorizar algún poema ou rima. Visitar o Museo do Xogo Popular da nosa escola, xa que Antón ten varias pezas en depósito. Antón, ademais de escritor, é investigador, creador de xoguetes, como por exemplo o avión que se atopa na subida á biblioteca. Quedamos abraiados cando soupemos que fora el quen o fixera :-) Antón leunos o conto "Os dez animais" , pero tamén aprendeunos unha rima sobre os dedos das mans e a facer unha pombiña de papel. Para agradecerlle o agarimo e tempo compartido encargamos un agasallo: un boneco feito con follas de millo. Creemos que a Antón lle gustou moito, para "Antón, o x...