DÍA DA PAZ 2020
O día 30 de xaneiro todos o nenos e nenas da escola celebramos o "Día da Paz e da Non Violencia" . Para conmemorar esta data realizamos un mural colectivo, onde cada neno e nena puido deixar a súa pegada en forma de folla de carballo, construíndo entre todos unha fermosa árbore. O motivo polo que se escolleu facer unha árbore foi que coñecimos nas aulas a Wangari Maathai , política e ecoloxista á que se lle otorgou o premio Nobel da Paz no ano 2004. Se queredes coñecer máis sobre esta interesante muller premede na imaxe.