Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

SAMAÍN 2020

Imagen
Este ano celebramos o Samaín decorando unha morea de cabazas nas aulas. Cada clase decidíu cantas cabazas decoraba e como o facía... inda que iamos facer pouquiñas ao final os nenos e nenas de infantil traballamos un montón! Pintamos, picamos, pegamos, cravamos e ao final xurdiron meigas, polos, pantamas, morcegos, tigres, unicornios, lobos, momias, arañas...  O venres, día 30, foi un día moi especial, visitando a exposición no salón de actos , vendo as cabazas decoradas por todos o alumnado do centro e, despois, disfrutando dunha rica merenda feita con froitos típicos do outono. Temos que agradecer ás familias a súa colaboración aportando cabazas decoradas e sen decorar, así como de froitos variados e elaboracións cos mesmos.  Non perdades a terrorífica presentación! Uhhhhhhhhhhh!

O OUTONO XA CHEGOU

Imagen
Chegou o outono e aproveitamos que as folliñas caen para decoralas e facer un mural entre todos os peques de infantil. Ademais o Equipo de Dinamización de Lingua Galega propuxo crear animais con follas para decorar a exposición de froitos , e nós participamos encantados! Na presentación veredes parte do proceso de decoración e creación nas tres aulas de infantil. O resultado quedou chulísimo e no proceso aprendimos nomes de árbores , a identificar follas , observar cores , formas e tamaños ... Esperamos que vos guste velo tanto como a nós facelo :-)

DÍA DA BIBLIOTECA 2020

Imagen
Comezamos a asomarnos de novo por aquí, neste curso tan diferente... O día 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas e como non é posible compartir unha actividade todos o nenos e nenas da escola, o Equipo de Biblioteca propuxo gravármonos en video recitando algún poema ou refrán .  Ao longo da semana, na hora de lectura, proxectamos os videos nas aulas para que todo o alumnado puidera ver ao resto de compañeiros e compañeiras do cole. Gustounos moito velos e pensamos que o fixeron xenial! Pouco a pouco irán aparecendo no blog da biblioteca . Polo de agora non están todos, pero xa hai algúns de infantil. Se queredes velo premede na imaxe :-)