Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

PROTAGONISTA DA SEMANA: JOSÉ

Imagen
JOSÉ: UN GRAN MÚSICO E EXPERTO DO GRUPO QUEEN    JOSÉ VEU ACOMPAÑADO DOS SEUS PAPÁS E CONTÁRONNOS MOITAS COUSAS SOBRE MÚSICA.    PRIMEIRO,  ESCOITAMOS UNHA CANCIÓN DE LUAR NA LUBRE  (NODAIGA) , QUE A JOSÉ LLE ENCANTA E QUISO COMPARTILA CON NÓS.    DESPOIS, EXPLICÁRONNOS  QUE CANDO JOSÉ ESTÁ ENFADADO  POÑEN MÚSICA E POUCO A POUCO JOSÉ VAISE RELAXANDO: AS CATRO ESTACIÓNS DE VIVALDI. ENCANTOUNOS ESCOITALA!!    TAMÉN,  JOSÉ DISFRUTA MOITO ACUDINDO A CLASES DE MÚSICA NO " MAGO DIAPASÓN" . ALÍ APRENDE CÁLES SON AS NOTAS MUSICAIS (SÁBEAS TODAS), APRENDE A LER PARTITURAS, TOCA O PIANO E A GUITARRA.       ADEMÁIS, SABE TOCAR A BATERÍA COA SÚA IRMÁ  ELENA!!!        TAMÉN EXPLICOUNOS QUE LLE ENCANTA O GRUPO DE ROCK QUEEN , COÑECENDO TODOS OS SEUS COMPOÑENTES E, COMO NON, AO SEU CANTANTE: FREDDIE  MERCURY.    ESCOITAMOS A GRAN CANCIÓN DE GEORGE MICHAEL CON QUEEN: SOMEBODY TO LOVE!!!!        JOSÉ FÍXENOS UNHA GRAN DEMO

PROTAGONISTA DA SEMANA: ASIER

Imagen
ASIER: O REPOSTEIRO    ASIER VEU ACOMPAÑADO DA SÚA AVOA CARMEN E PRIMEIRO ENSINOUNOS UN DOS SEUS BONECOS FAVORITOS: LUIGI , O IRMÁN DE MARIO BROS.    DESPOIS, CONTOUNOS COMO FIXO UN  "PASTEL DE COLA CAO"  CO SEU PAPÁ O DÍA ANTERIOR NA SÚA CASA PARA EXPLICAR NO COLE E COMPARTIR COS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.    TROUXO A RECEITA E FOI  EXPLICANDO CADA UN DOS PASOS  COA AXUDA DE CARMEN.      QUE BOA PINTA TEN O BISCOITO!!!!    NA HORA DA MERENDA PROBAMOS O BISCOITO E ESTABA BOÍIIIIIIIISIMO !!!! UUMMMMMMMMM!!!!!    ASÍ É COMO QUEDOU A CAIXA DO BISCOITO, SÓ COAS MIGAS!!!    GRACIAS A ASIER E Á SÚA AVOA CARMEN POR COMPARTIR ESTA RECEITA CON NÓS!!!    ANIMO A TODOS E A TODAS  A REALIZAR ESTE BISCOITO TAN BO.     BRAVO   ASIER, ERES UN GRAN REPOSTEIRO! !!

PSICOMOTRICIDADE EN MARTE

Imagen
           10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, 0,... DESPEGAMOOOOOS!!!!!!!!!!        Todos os nenos e nenas de 3 anos montaron no cohete que tiña preparado Gonzalo, dirección....  MARTE!!!!    Que ben o pasaron!!!!

MALETA VIAXEIRA III

Imagen
Este trimestre continuamos coa dinámica da maleta viaxeira, esa bolsiña que vai polas casas dos nenos e nenas de 3 e que volve ao cole cheo de diferentes cousiñas que despertan os seus afectos.  Un dos últimos en traela foi Martín, quen ademais dunhas gafas de soldar, que nos explicou para que servían e os seus compañeiros/as puideron probalas, trouxo un disfraz de bombeiros que mesmo se probou na aula para contarnos que era exactamente o que facían os bombeiros cando os avisaban dunha emerxencia. Os nenos e nenas desfrutaron moito da súa explicación e foi un momento moi divertido. Gracias Martín! A última foi Daphne, quen na maleta viaxeira meteu un dos seus bonecos preferidos, un perriño pequeno. Tamén trouxo unhas froitas da cociniña que ten na súa casa, na que pasa momentos moi divertidos. Unha das froitas que trouxo Daphne foi un racimo de uvas que nos fixo recordar o día que esmagamos uvas na clase para facer zume. Moitas gracias a Daphne por compartir cos seus c

APRENDENDO XUNT@S

Imagen
Esta semana os nenos e nenas de 3 anos tiveron dúas visitas moi especiais. A primeira foi a de Diego e Mateo, da aula de 5 anos. Con Diego e Mateo os nenos e nenas de 3 anos souperon moito máis sobre os robots que viaxaron a Marte. Con eles descubriron que foron moitas as misións adicadas a explorar Marte pero que non todas saíron adiante. Os pequenos e pequenas tamén se animaron a facerlles algunha pregunta sobre os robots, as súas diferencias, que estaban facendo en Marte,  etc. Quedaron abraíados/as de todo o que sabían Diego e Mateo. Moitas gracias a eles dous por contarlles tantas cousas interesantes aos pequenos e pequenas e por formar un equipo tan ben coordinado! A segunda visita foi a de Nico e Clara, da aula de 4 anos. Nico e Clara trouxeron á clase unha maqueta da InSight, a última misión enviada a Marte. Nico e Clara lles contaron as partes do aterrizador, para que servían cada unha de elas, e foron ilustrando as súas explicacións a través da maqueta

O VOLCÁN DE MARTE

Imagen
Como xa sabedes este trimestre as nosas aprendizaxes están encamiñadas ao coñecemento de Marte, o noso veciño vermello.  Os nenos e nenas estánse a converter en verdadeiros expertos e expertas na materia, así, o venres da semana pasada decidimos facer un experimento conxunto para observar como cuns poucos ingredientes podíamos simular a erupción dun volcán. Coma o volcán do Monte Olimpo, que se encontra no planeta vermello.  Para facer o experimento conxunto utilizamos a maqueta que acercou ao cole Vera, da clase de 4 anos. Ademáis doutra maqueta que nos prestaron os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria.  Para facer o experimento precisamos da guía de Pepe, da aula de 5 anos, quen foi contando e votando pasiño a pasiño os ingredientes necesarios para poñer en erupción os nosos volcáns. Ao ter dous fixemos diferentes hipótesis sobre o que podía ocurrir, e probamos a ver que pasaba.  O experimento resoltou todo un éxito, non só porque co coñecement

PROTAGONISTA DA SEMANA: VERA

Imagen
VERA:   UNHA GRAN PATINADORA.    VERA É UNHA GRAN EXPERTA PATINADORA E CONTOUNOS MOITAS COUSAS INTERESANTES SOBRE ESTE DEPORTE.    PRIMEIRO EXPLICOUNOS CÁL É A EQUIPACIÓN NECESARIA PARA PATINAR, XA QUE É MOI IMPORTANTE UNHA SEGURIDADE EN CASO DE CAÍDA. A EQUIPACIÓN É A SEGUINTE E QUE HAI QUE POÑER POR ESTA ORDE:    1. RODILLEIRAS    2. CODEIRAS    3. CASCO    4. PATINES    5. MUÑEQUERAS.    E LISTA PARA PATINAR!!!!    ADEMÁIS, DEMOSTROUNOS AS SÚAS HABILIDADES COS PATINES REALIZÁNDONOS UNHA EXHIBICIÓN.    TAMÉN ENSINOUNOS QUEN FOI O INVENTOR DOS PATINES: MERLÍN.    VIMOS  OUTROS TIPOS DE PATINES, ANTERIORES AOS DE LIÑA.    E CÁLES SON OS DEPORTES NOS QUE SE UTILIZAN: HOCKEY  E  PATINAXE SOBRE XEO.     GRACIAS VERA E Á SÚA FAMILIA!!!!     UNHA GRAN PATINADORA!!!!

PROTAGONISTA DA SEMANA: PEPE

Imagen
PEPE : ESPECIALISTA EN DINOSAURIOS    PEPE É UN GRAN ESPECIALISTA EN DINOSAURIOS E VEU COA SÚA FAMILIA PARA CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE ELES.        PRIMEIRO, EXPLICOUNOS CÁLES SON OS TRES PERÍODOS XEOLÓXICOS DOS QUE SE COMPÓN A ERA MESOZOICA:       1. TRIÁSICO      2. XURÁSICO      3. CRETÁCICO      ENSINOUNOS DIFERENTES DINOSAUROS DE CADA ÉPOCA, O SEU FAVORITO E CAL É A FUNCIÓN DO PALEONTÓLOGO .    ADEMÁIS, FALOUNOS SOBRE DÚAS TEORÍAS EXISTENTES SOBRE A EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS.     A PRIMEIRA É QUE CHOCOU UN METEORITO CONTRA A TERRA; E A SEGUNDA É QUE ENTRARON EN ERUPCIÓN UNS VOLCÁNS  E CREOUSE UNHA GRAN NUBE QUE TAPOU O CEO, NON PUDENDO PASAR OS RAIOS SOLARES.    TENDO EN CONTA ESTA ÚLTIMA TEORÍA, PEPE SORPENDEUNOS CUN VOLCÁN QUE ELABOROU COA SÚA FAMILIA E EXPLICOUNOS CÓMO PODE FACERSE A LAVA DO VOLCÁN CON ELEMENTOS CASEIROS: AUGA, XABÓN, VINAGRE, COLORANTE E, POR ÚLTIMO, BICARBONATO.        ENCANTOUNO

DÍA DA PAZ

Imagen
  NO COLE CELEBROUSE O DÍA DA PAZ COLOCANDO NO PATIO O LEMA DESTE ANO: TECENDO PAZ.   CON DIFERENTES FÍOS CONFECCIONARON OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA DISTINTAS PALABRAS RELACIONADAS COA PAZ: IGUALDADE, DIÁLOGO, CARIÑO, AXUDA, AMIZADE,...         E OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ELABORARON  UNHA PRECIOSA POMBA DA PAZ CON DIFERENTES GRAFISMOS.    OS NENOS ENCARGADOS DE LEVAR A POMBA DA PAZ FORON: MARTÍN DE 3 ANOS, ALBA DE 4 ANOS E LEO PÉREZ DE 5 ANOS.    DITO ACTO ESTIVO AMENIZADO  POR UN EQUIPO FANTÁSTICO, ONDE NON FALTOU A FESTA!!!!