Entradas

Mostrando entradas de 2022

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE 3 ANOS

   Xa rematado o 1º trimestre, só queda recordar tódalas actividades nas que participamos tan activamente e con tanto entusiasmo e interés, como o Samaín e o Magosto , o Día do Peón , o mes da ciencia en galego , o 25 N , os traballos realizados na clase como a inicial do noso nome e o libro da canción do tan querido "O POLO PEPE" e todas a actividades do Nadal . Todo isto e moito máis podedes disfrutalo no seguinte vídeo:   FELICES  FESTAS  E  FELIZ  ANINOVO!!!!

NADAL 2022

O mes de decembro estivo cheo de actividades para os máis peques da escola, houbo moito traballo pero tamén diversión e tempo de lecer.  No video veredes algunhas das cousas que fixemos, nun Nadal onde retornaron os encontros co festival de Nadal ou a tradicional chocolatada organizada pola ANPA da escola.  Fixemos un fermoso poboado de inverno , postais e adornos de Nadal , ensaiamos con Xairo e as profes unha cancións ben marchosas e fomos á biblioteca a escoitar contos de Nadal cos maiores da escola, os axudantes da Pescadora de Historias.  Grazas a todos e todas os que fixéchedes que fora posible, ANPA, familias, profesorado e alumnado.  Felices Festas de parte de todo o alumnado e profesorado de Educación Infantil!

DÍA DO PEÓN 2022

Imagen
Este curso a celebración do día do Peón retomou a normalidade e foi un día de xuntanza e xogo para todos os nenos e nenas da escola.  Os días previos, todo o alumnado de infantil estivo decorando o seu peón nas aulas para despois bailalo e xogar con el. Tamén visitamos o Museo do Xogo Popular no que hai diferentes tipos de peóns e buxainas, así como carteis explicativos sobre a súa elaboración e partes. Co profe Gonzalo aprendimos as partes do peón: virolusa , capa , panza e punta . Estas formaron parte dun mural xigante, que alumnado de 6º de primaria preparou para este día.  E como en toda festa non pode falta a música, escoitamos a canción "Teño unha buxaina" e practicamos moito para cantala todos xuntos no pabillón o día do Peón, xa case é un himno para o noso cole.  Ademais no pabillón esperábanos Adolfo, da Asociación de Torneiros "Virutas" , para aprendernos como se constrúe un peón. Agasallou á escola cunha gran buxaina e outras máis pequeniñas que estiv

VISITA AO MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
Un ano máis acudimos ao Muíño de Pedroso para facer uns talleres moi interesantes: “Pegadas e rastros” e “Itinerario medioambiental” . Soa ben, verdade? Comezaron os nenos e nenas de 5 anos co obradoiro sobre pegadas e rastros, coñecendo as pegadas de diferentes animais da contorna por medio dun xogo. Despois puxémonos mans á obra para crear a nosa propia pegada en barro, que despois levariamos para casa. Mentres, o alumnado da clase de 4 anos fixo unha andaina pasando polo Muíño de Pedroso, cruzando a ponte que pasa sobre río Xuvia e camiñando ata o río Castro, onde está ubicado outro muíño chamado Entrerríos. Polo camiño atoparon pegadas de xabaril , esquío , corzo ... Tamén viron árbores como o carballo , castiñeiro , pradairo , abeleira ou flores como o alecrín , que é a flor do toxo . De casualidade atoparon aos bombeiros de Narón, que estaban de ruta, e pararon a saudalos e ata acenderon as luces do camión J Despois de recuperar forzas cun almorzo e un pouco de tempo

SAMAÍN E MAGOSTO 2022

Coa chegada do outono comeza o tempo de cabazas e castañas , comeza o tempo de celebrar o Samaín e o Magosto.  Para conmemorar o Samaín decoramos cabazas nas aulas que formaron parte da exposición que houbo na escola o xoves, día 27 de outubro. Cada aula aportou varias cabazas: pantasmas, meigas, vampiros... ata o polo Pepe e os SuperThings quixeron estar na nosa exposición ;-) Para celebrar o Magosto xuntámonos a merendar no patio cuberto, castañas e zume. Algúns de nós probamos as castañas por primeira vez e non sabían nada mal! Tamén decoramos un cestiño para levar unhas castañas para casa e compartilas con vós, as familias.  Temos que agradecervos a vosa colaboración, tanto por aportar as cabazas para decorar, as castañas para degustar como polos cartóns de leite ou zume cos que fixemos os cestos.  O venres como fin de festa fomos disfrazados á escola, así demos por rematada a celebración destas festas que marcan o fin do verán. Agora a polas seguintes!

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS

Imagen
O venres, tivemos unha visita moi especial na escola: Antón Cortizas . Celebramos con esta visita o Día das Bibliotecas e previamente fixemos, segundo a aula,  varias actividades:  Coñecer quen é Antón Cortizas. Ler contos escritos por el. Colorear unha caricatura. Escribir títulos dos seus contos. Ordear versos de poemas seus. Secuenciar as páxinas dun conto escrito por el. Memorizar algún poema ou rima. Visitar o Museo do Xogo Popular da nosa escola, xa que Antón ten varias pezas en depósito. Antón, ademais de escritor, é investigador, creador de xoguetes, como por exemplo o avión que se atopa na subida á biblioteca. Quedamos abraiados cando soupemos que fora el quen o fixera :-) Antón leunos o conto "Os dez animais" , pero tamén aprendeunos unha rima sobre os dedos das mans e a facer unha pombiña de papel. Para agradecerlle o agarimo e tempo compartido encargamos un agasallo: un boneco feito con follas de millo. Creemos que a Antón lle gustou moito, para "Antón, o x

ÁRBORE DE OUTONO

O alumnado de infantil comezou a realizar algunha actividade conxunta, neste caso un pequeno mural sobre o outono . Este curso decidimos crear unha árbore de moitas cores , decorando uns círculos de cartolina. Todos os peques participaron no pintado do tronco e elaboración dos círculos, aínda que no video só se ve unha pequena mostra do traballo realizado.  Agora esta árbore decora o noso corredor, xa podemos dicir que o outono chegou ao cole de Esteiro!

PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

    OLA FAMILIAS,    COMEZOU  O  CURSO DE 3 ANOS CHEO  DE  NERVIOS , ILUSIÓNS , CURIOSIDADE , XOGOS ...; PERO XA PASADO O PRIMEIRO MES, XA PARTICIPAMOS NUNHA CHEA DE ACTIVIDADES NOVAS, CON PROFES NOVOS, LUGARES NOVOS, NOVAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS.     NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES DISFRUTAR DESTES PRIMEIROS MOMENTOS TAN EMOTIVOS PARA OS NENOS E NENAS. ESPERO QUE VOS GUSTE O VÍDEO E DISFRUTEDES DEL.

A BIBLIOTECA DOS TESOUROS

Imagen
Esta semana comezou a funcionar a biblioteca da escola e os peques de infantil poderán levar un libro ou conto semanal a casa. Tamén poderán disfrutar das mochilas viaxeiras, cheas de tesouros, que con moito agarimo prepara a Pescadora de historias .  No mes de setembro todo o alumnado de infantil recibíu unha pequena formación sobre o uso da biblioteca, coñecendo e recordando as normas, como están ordenados os libros, que actividades facemos na biblioteca...  Mirade que bonita é! Ademais hai novidades preparadas para nós! O alumnado de 5º de infantil fará o préstamo os mércores e terá que devolver os libros/mochilas ao luns seguinte. O alumnado de 6º de infantil fará o préstamo o xoves e terá que facer a devolución o martes.  O alumnado de 4º de infantil comezará nunhas semanas o préstamo, de momento está a coñecer á Pescadora, visitar a biblioteca... Pero a Pescadora acordouse deles e preparou unha caixiña para a súa clase, vaia sorte! Esperamos que disfrutedes moito dos libros, c

VISITA A CORAX FAUNA

Imagen
  CENTRO  EDUCATIVO  E  DE  RESCATE  DA  FAUNA  SALVAXE.     O VENRES 10 DE XUÑO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL POIDERON DISFRUTAR DUNHA GRAN SAÍDA TODAS E TODOS XUNTOS A CORAX FAUNA, UNHA OPCIÓN EDUCATIVA, AMENA  E  ALTERNATIVA, CON MÁIS DE 50 ESPECIES DIFERENTES.     AS SÚAS ACTIVIDADES ESTÁN ORIENTADAS A XERAR RESPECTO E AMOR HACIA A NATUREZA, POIDENDO APRECIAR  A  FAUNA  MOI PRETO E DESFRUTAR DELA.       COS GUÍAS DO CENTRO VIMOS ÁGUIAS , LÉMURES , AOS MONOS PITÚ E SAMI , AO LEÓN SIMBA , Á LINCE PEPA , ÓS LOROS PICA E CÉSAR , Ó GUEPARDO XANA , Á HIENA  ANA   E  Á  TORTUGA GRANDAL .     PODEDES VER TODO NO SEGUINTE VÍDEO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE 😍: PASÁMOLO  XENIAAALLL!!!!!!         

EXPOSICIÓN INDÓMITAS. HISTORIAS QUE ABREN CAMIÑOS

Imagen
     OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DE ESTEIRO POIDERON DISFRUTAR DUNA NOVA MOSTRA FOTOGRÁFICA NA SEDE DE AFUNDACIÓN DE FERROL, ONDE COÑECERON DIFERENTES MULLERES QUE ESTÁN A ABRIR CAMIÑOS NADA DOADOS A PARTIR DAS SÚAS DIFERENTES APOSTAS PROFESIONAIS , TRABALLANDO DESTE MODO A IGUALDADE DE XÉNERO.        GALICIA É TERRA DE INDÓMITAS. A SÚA MEMORIA NON SERÍA A MESMA SEN  A  ACHEGA DE TANTAS MULLERES FORTES. ESTA EXPOSICIÓN É UNHA HOMENAXE A TODAS AQUELAS AVENTUREIRAS, ESCRITORAS, ACTIVISTAS, POLÍTICAS, POETAS, CIENTÍFICAS, ARTISTAS... FALAMOS DE PAULA, LUISA, SABELA, OLAIA, AIDA, NURIA, ROCÍO...    NA SEDE DE AFUNDACIÓN A NENAS E NENOS REALIZARON UNHA VISITA CREATIVA DENOMINADA:      "DIME, ESPELLIÑO MÁXICO, QUEN É A MOZA MÁIS INTELIXENTE E CAPAZ"    - ASÍ, COMEZAMOS CON PAULA  MOUZO MAS , PERCEBEIRA DE CAMARIÑAS .       -CONTINUAMOS CON LUISA MÉNDEZ , ESCALADORA E ENXEÑEIRA DE LUGO.    -TAMÉN BAILAMOS CON  SABELA, OLAIA E AIDA , CANTANTES DAS TANXUGUEIRAS .         -CONT

AÍ VEN O MAIO 2022

Imagen
Este mes de maio é o mes das flores cando os namorados deixan ve-los seus amores cando os namorados deixan ve-los seus amores... Seguindo o costume do ano pasado eiquí  vimos todos, vimos a canta-lo maio.        O COLE PEDÍU DIFERENTES FLORES PARA CONFECCIONAR O NOSO MAIO CON FORMA DE PEÓN.    ASÍ EMPEZAMOS A ELABORALO:         E  ASÍ  QUEDOU 😍:     

SEMANA DO LIBRO 2022

Imagen
  II XORNADA DE XOGOS    A FINAIS DO 2º TRIMESTRE TODAS AS CLASES DE INFANTIL  E  PRIMARIA DISFRUTARON DUNHA NOVA SESIÓN DE XOGOS NA BIBLIOTECA DA ESCOLA.    OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  TIVERON UNHA XORNADA ESPECIAL NA BIBLIOTECA, NESTA OCASIÓN NADA MÁIS E NADA MENOS QUE UN CONTACONTOS ORGANIZADO POR UNHA NOVA COLABORADORA DA “PESCADORA DE HISTORIAS”:    A CONTACONTOS MARISA QUE CONTA UNHA HISTORIAS QUE TE ESMENDRELLAS DE RISA!    NAS SEGUINTES FOTOS VEREDES O ATENTOS E ATENTAS QUE ESTIVERON, E QUE FOI VERDADE QUE HOUBO RISAS A ESGALLA ;-)         SEMANA DO LIBRO      DESPOIS  DAS VACACIÓNS, COMEZAMOS O 3º  TRIMESTRE PREPARANDO DIFERENTES ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O 23  DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.     -1) NA ACTIVIDADE DE XOGAR A PENSAR,  CADA CLASE ELABOROU UN CONTO ENTRE TODOS E TODAS AS NENAS E NENOS. TOMOUSE COMO BASE UN CONTO COÑECIDO: "A QUE SABE A LÚA". COS MESMOS PERSONAXES CREOUSE 3 CONTOS TOTALMENTE DIFERENTES.  QUEDARON SUPERCHULOS. NESTES VÍDEOS PODEDES

ENTROIDO 2022: LENDAS DE GALICIA

Imagen
  Este ano a temática do Entroido xirou en torno ás "Lendas de Galicia" . Cada aula da escola escolleu unha lenda para coñecela, traballar sobre ela e preparar o seu disfrace. A clase de 3 anos escolleu aos Xacios e Xacias ; a clase de 4 anos a Pedro Chosco e a clase de 5 anos a Pepa a Loba . Durante unhas semanas limos contos, consultamos información e preparamos un cartel explicativo , coa finalidade de dar a coñecer as diferentes lendas. Con eses carteis fixemos unha exposición para vós, as familias. Estivo exposta no patio cuberto uns días e seguro que moitos de vós puidéchedes visitala. Para os que non puidéchedes vela, tedes no seguinte enlace as fotos de todos os carteis da escola. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1082                                                     Pero iso non foi todo, o Meco voltou pola escola e mandou moito, moitísimo ;-) Cada día da semana tivemos que vir dunha maneira distinta e , para rematar, o venres puxém

DÍA DA PAZ 2022: LENDA DAS 1000 GRULLAS DE SADAKO SASAKI

Imagen
           Este ano, o DÍA DA PAZ está adicado a unha lenda moi emotiva:    A  LENDA  DAS 1000 GRULLAS DE SADAKO SASAKI .    Todo comeza na Segunda Guerra Mundial, cando o 6 de agosto de 1945, cae unha bomba na cidade de Hiroshima.     Sadako tiña 2 anos e sobrevive á bomba, pero non aos efectos nocivos da mesma.    En 1955, á idade de 12 anos, cae enferma. No hospital, a súa amiga Chizuko lle menciona a lenda das 1000 grullas de papel: "Aquela persoa que realice 1000 grullas, o seu maior desexo farase realidade".     Sadako pedíu sanar, pero tamén que ningún nen@ enfermara polas guerras.      Non puido ser, e Sadako morreu cando tiña feitas 644 grullas. A súa amiga Chizuco, os seus compañeir@s de clase e os seus pais seguiron realizando grullas ata alcanzar as 1000.    Os pais de Sadako deron a coñecer a súa historia, converténdose a GRULLA   nun símbolo mundial da paz .     No Parque da Paz de Hiroshima existe unha estatua de Sadako Sasaki sostendo unha gran grulla nas sú