DÍA DA PAZ 2023
O Día da Paz chegou e este ano o noso cole quixo dedicarllo a Ucraína, país en guerra desde hai practicamente un ano.
Nas aulas de infantil tratouse este tema para que nenos e nenas expresasen os seus desexos de paz e non violencia, que despois escribiron nuns possit. Con todos os possit configurouse unha gran bandeira de Ucraína que decora o espazo de usos múltiples.
Nese mesmo lugar, o día 30, xuntámonos todos os nenos e nenas da escola xunto con profesorado para compartir os nosos bos desexos para este país e todos aqueles lugares onde haxa algún conflito armado.
Ademais fixemos unha pequena bandeira que levamos para casa como recordo deste día.
A Pescadora de historias tampouco se olvidou desta conmemoración e trouxo para cada clase unha caixiña con contos sobre paz, convivencia, respecto...
Comentarios
Publicar un comentario