Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

CREATIVIDADE LEGO NA BIBLIOTECA

Imagen
No inicio do curso 2019/2020 abriuse un pequeno espazo de Creatividade LEGO na  Biblioteca Escolar destinado ao alumnado de Educación Infantil.   Con esta iniciativa pretendemos fomentar a creatividade e dinamizar a biblioteca mediante a diversificación da oferta de actividades. Ollade: pequeniño pero xeitoso!                                                                                            Polas súas reducidas dimensións, as nenas e nenos desfrutan do mesmo por quendas, no momento en que acoden a facer o empréstito semanal; isto non supón ningún impedimento para que se empreguen a fondo nas súas creacións. Aquí vos deixamos unha pequena mostra para que o comprobedes por vos mesmos.            

CIENCIA EN GALEGO

Imagen
O mércores 20 de novembro ,os nen @ s de 4 e 5 anos tivemos un obradoiro de ciencia en galego organizado pola biblioteca. Veu Vicente, pai de Xaime, a explicar o porqué flotan as cousas . Facendo que os nenos e nenas chegasen a conclusións a través de preguntas e experimentando con diferentes obxectos. Aos nenos e nenas gustoulles moito.  Grazas Vicente !

A clase de 3 anos xa ten mascota

Imagen
Os peques de 3 anos tardamos un pouquiño en escoller mascota... pero é que é una decisión moi importante! Fixemos varias tarefas para decidir que animal sería: Elaboramos un listado de animais favoritos. Escollemos os máis votados e fixemos unha nova votación empregando unha pegatina. Cada neno ou nena a pegou na imaxe do animal que prefería. Este foi o resultado: ELEFANTE 3 GATA 6 CAN 7 PATO 6 Unha vez que sabiamos que a mascota sería un canciño, fixemos un faladoiro para escoller o nome. Ao principio queriamos chamalo "Señor Gato" pero despois decidimos que "Chuli" sería o nome perfecto. Chuli xa está visitando as nosas casas, será una experiencia xenial! Benvido Chuli!

VISITA DE PAULA MERLÁN

Imagen
Este xoves, día 21, contamos na escola coa visita da escritora Paula Merlán . Esta actividade foi organizada polo equipo de biblioteca do centro e ía dirixida a todo o alumnado da escola. Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos xunto co alumnado de 1º e 2º de primaria acudimos nunha mesma quenda ao salón de actos para desfrutar da lectura do conto "El dedo en la nariz" escrito por Paula e ilustrado por Gómez.  Despois presentounos o seu novo libro titulado "Pequeño botón" e firmou os libros de aqueles nenos e nenas que contaban con algún título desta autora. Ademais tivo un agasallo moi especial: a cabaza de Sofía que fixeron os compis de 4 anos no Samaín. Encantoulle! Deixámosvos a dirección do blogue de Paula por se queredes botarlle una ollada… https://cuentoseneldesvan.blogspot.com/ Moitas grazas Paula por compartir con nós este ratiño e achegarnos o teu traballo con tanto agarimo. Esperámoste de novo no cole de Esteiro!

DÍA DO PEÓN 2019

Imagen
    COMO CADA ANO, DESFRUTAMOS DA FESTA DOS XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES NO CEIP DE ESTEIRO: O DÍA DO PEÓN .     OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ELABORARON UNHA ZOADEIRA , QUE CONSISTE NUNHA RODA DE NEWTON E UNHA LÁ. HAI QUE DARLLE MOITAS, MOITAS, MOITAS... VOLTAS!!!! E A XOGAR!!!!

CONTACONTOS IRIÑA BAILARINA

Imagen
    Dentro do programa de igualdade de xénero, a ANPA  de Esteiro organizou o contacontos "IRIÑA BAILARINA" para as nenas e nenos de Educación Infantil.    Iriña era unha bailarina, pero non unha bailarina común. Vivía na máis fermosa caixa de música; pero, estaba preocupada, non podía saír da súa caixiña...    Iriña tiña un desexo: ser futbolista, ou pirata, ou o que ela quixese...   Este conto fannos reflexionar sobre  a igualdade de xénero, o cambio de roles  e  os esteriotipos sociais.           GRAZAS   RAQUEL!!! PASÁMOLO XENIAL!!!