Entradas

Mostrando entradas de 2020

CHEGOU O NADAL!

No mes de decembro fixemos un montón de actividades nas aulas relacionadas co Nadal . Encántannos estas datas e - aínda que este ano hai moitas cousas que non puidemos facer - foi un mes cheo de emocións e nervios, previos ás desexadas vacacións.  Na presentación veredes fotos de varias das tarefas, tanto a nivel de ciclo como de aula, pero houbo algunhas máis. Por exemplo, tivemos unha sorpresa de parte de Papá Noel que enviou un vídeo a cada clase para informarnos de que os nosos agasallos xa estaban preparados :-) A nivel de centro, cada clase preparou unha estrofa da panxoliña "Volver a casa polo Nadal" que formou parte dun vídeo conxunto no que aparecían todos os nenos e nenas da escola. Proxectámolo nas aulas o día 22 e foi o xeito de vernos e estar todos xuntos.  Unha vez máis temos que agradecervos ás familias a vosa colaboración, tanto para vir vestidos con cousas de Nadal, como pola vosa colaboración na merenda do día 22.  Tamén agradecemos ao ANPA a organización

DÍA DO PEÓN 2020

O día 11 de novembro conmemoramos na escola o Día do Peón . Este ano foi unha celebración nas aulas, onde decoramos o noso propio peón e despois tivemos uns días para poder bailalo e xogar con el na clase.  Co profe Gonzalo coñecimos e repasamos as súas partes na clase de educación fisica e, ademais, escoitamos a canción da buxaina . Todos os nenos e nenas de infantil fomos moi contentos co noso peón para casa. Esperamos que sigades practicando e bailándoo así de ben! Como información complementaria na páxina web da escola tedes un "genially" con información sobre as buxainas moi interesante. Seguro que os maiores o desfrutades! http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1011

SAMAÍN 2020

Imagen
Este ano celebramos o Samaín decorando unha morea de cabazas nas aulas. Cada clase decidíu cantas cabazas decoraba e como o facía... inda que iamos facer pouquiñas ao final os nenos e nenas de infantil traballamos un montón! Pintamos, picamos, pegamos, cravamos e ao final xurdiron meigas, polos, pantamas, morcegos, tigres, unicornios, lobos, momias, arañas...  O venres, día 30, foi un día moi especial, visitando a exposición no salón de actos , vendo as cabazas decoradas por todos o alumnado do centro e, despois, disfrutando dunha rica merenda feita con froitos típicos do outono. Temos que agradecer ás familias a súa colaboración aportando cabazas decoradas e sen decorar, así como de froitos variados e elaboracións cos mesmos.  Non perdades a terrorífica presentación! Uhhhhhhhhhhh!

O OUTONO XA CHEGOU

Imagen
Chegou o outono e aproveitamos que as folliñas caen para decoralas e facer un mural entre todos os peques de infantil. Ademais o Equipo de Dinamización de Lingua Galega propuxo crear animais con follas para decorar a exposición de froitos , e nós participamos encantados! Na presentación veredes parte do proceso de decoración e creación nas tres aulas de infantil. O resultado quedou chulísimo e no proceso aprendimos nomes de árbores , a identificar follas , observar cores , formas e tamaños ... Esperamos que vos guste velo tanto como a nós facelo :-)

DÍA DA BIBLIOTECA 2020

Imagen
Comezamos a asomarnos de novo por aquí, neste curso tan diferente... O día 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas e como non é posible compartir unha actividade todos o nenos e nenas da escola, o Equipo de Biblioteca propuxo gravármonos en video recitando algún poema ou refrán .  Ao longo da semana, na hora de lectura, proxectamos os videos nas aulas para que todo o alumnado puidera ver ao resto de compañeiros e compañeiras do cole. Gustounos moito velos e pensamos que o fixeron xenial! Pouco a pouco irán aparecendo no blog da biblioteca . Polo de agora non están todos, pero xa hai algúns de infantil. Se queredes velo premede na imaxe :-)

ESCRITURA CREATIVA

Imagen
    Esta semana ímosvos facer unha propostiña moi sinxela e entretida:   construír   a  inicial   do voso nome, o   nome   completo, o   nome dun amigo ou amiga , calquera   palabra   que vos apeteza ou un   abecedario ,   con obxectos que teñades pola vosa casa.     Estas son as vosas propostas: ELSA LANCELOT QUIQUE: INICIAL Q ANTÍA NOA MARTÍN FERNANDO   JULIA YAGO IVÁN HUGO CARLOS VERA  E. VALENTÍN CANDELA MATEO DANIEL MATÍAS OLIVIA CLARA JUAN  

MANDALAS

Imagen
ESTA SEMANA PROPOÑEMOS FACER MANDALAS COS ALIMENTOS QUE TEÑADES NA CASA OU MATERIAIS DE REFUGALLO. ESTES SON OS VOSOS TRABALLOS.                                                                                 ELSA ANTÍA YAGO MARTÍN IVÁN: RECICLAMANDALA RUBÉN FERNANDO JULIA DANIEL CARLOS NOA QUIQUE CANDELA CLARA

@S CHEFS DE ESTEIRO

Imagen
                   Esta semana ímosvos convidar a que elaboredes un deses pratos tan saborosos que lle axudades a preparar a papá ou a mamá, e que nos enviedes a receita. Pode ser un primeiro prato , un segundo ou unha sobremesa , o que máis vos apeteza.    Bo          proveito       chefs !!!  😋   ESTAS SON AS VOSAS PROPOSTAS:                                    IVÁN                          CARME YAGO CARLA ELSA E ANTÍA VERA RUBÉN CARLOS HUGO VERA E. LUCY PABLO TEO ELENA MARTÍN QUIQUE CLAUDIA ELOY GRETA GAEL ROI VERA G. DAPHNE VALENTÍN MARTÍN CANDELA FERNANDO JULIA MATÍAS NICOLÁS JIMENA XELA