Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

VISITA Á GRANXA BELELLE

Imagen
Canta ilusión por facer unha excursión con todos os nosos amigos e amigas! Para moitos de nós a primeira saída e non puidemos escoller mellor! O día 11 de xuño todos os nenos e nenas de infantil visitamos a Granxa Belelle ,  en Neda. Os peques de 3 anos asistiron aos talleres de horto, aves e animais e montar en poni; mentres as clases de 4 e 5 anos fixeron pan, visitaron ás aves e outros animais e, por suposto, deron o seu paseo en poni. Cada clase estivo dividida en dous grupiños, atendidos por un monitor ou monitora, que foron explicando moitas cousas interesantes sobre os animais: o seu nome, a súa orixe, a súa alimentación... Puidemos darlles pan ás galiñas , patos , pombas ... tamen cenoira ao burriño ou á  llama . Na granxa viven animais, non moi comúns pola nosa zona,  como os ñandús ou o dromedario Pipo , que xusto almorzou cando chegamos :-) O taller de pan e a visita ao horto foron moi interesantes e puidemos levar para casa o que fixemos; pero sen dúbida a actividade de m