Entradas

ACTIVIDADES NA AULA DE 4 ANOS CURSO 24-25

Imagen
Un ano da para moito, así que recompilamos nun video moitas das experiencias e actividades que fixemos na aula de 5º de infantil, a clase de 4 anos.  Detrás das actividades en papel hai unha morea de traballo, non só dos mestres e mestras senón do propio alumnado , esperamos que así coñezades un pouco máis do que os vosos peques viviron na aula no curso 24-25. Feliz verán a todos e todas de parte de dos nenos, nenas e equipo docente da clase de 4 anos. 

SAÍDA DE FIN DE CURSO AO MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
O 13 de xuño visitamos o Muíño de Pedroso, en Narón, onde participamos nunha morea de talleres que foron moi interesantes:  Horta ecolóxica Pegadas de animais Herbas aromáticas: s ales de baño e sacos aromáticos O día non acompañou e a choiva estivo presente gran parte do tempo, así que os monitores e monitoras tiñan todo preparado con carpas para non mollarnos e poder realizar todas as propostas.  Na horta quitamos follas estropeadas, removimos a terra para preparala para sementar, atopamos caracois, formigas e outros animaliños e plantamos unha leituga que puidemos levar para casa.  No taller de pegadas participamos nun xogo para coñecer unha morea de animais do bosque, desde a pega ata o esquío, pasando pola marta ou a curuxa. Polas características que dicían as monitoras tiñamos que adiviñar de que animal se trataba e despois relacionar coa súa pegada. Sabiades que a pegada da curuxa é como a letra K pero ao revés? Despois do xogo,  estampamos unha pegada nun an...

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025

Imagen
Ola familias!!      O curso e o ciclo de infantil xa chega ao seu fin, pero hai que despedilo como se merece.      Para elo, preparamos un baile de fin de curso chamado MAMMA MÍA . Podedes velo no seguinte vídeo. MAMMA MIA de SORAYA     Tamén puxemos audio ao CONTO VIAXEIRO elaborado por todo o grupo clase. Quedou espectacular!       Ademáis, non podía faltar FOTOS das mestras e mestres, así como dos nenos e nenas durante os 3 cursos de infantil, no seguinte vídeo:          E para rematar entrega de ORLAS .       Só teño palabras de agradecemento por estos 3 anos e emociónome en pensar que os botarei moito de menos. Espero que deixara unha pegada no seu corazón.     MOITA SORTE e a conseguir todos os vosos soños!!!                       SORAYA

ACTIVIDADES NA CLASE DE 3 ANOS

Imagen
O final do curso chega e, con el, o tempo de mirar cara atrás e ver canto medraron  e aprenderon os nenos e nenas da clase de 3 anos. Novos profes , outros espazos e unha morea de actividades como bailar e cantar , ir de excursión , saltar , correr , pintar , falar , pensar , xogar todo eso e moito máis no noso primeiro curso no cole de Esteiro.  Apertas a todos e todas dos peques da escola!

XOGANDO A PENSAR NA AULA DE 5 ANOS

  Xogar a pensar  é unha actividade que desenvolvemos nas aulas de infantil durante unha sesión semanal. A orixe desta proposta está na  "Filosofía para nenos e nenas"  creada por  Matthew Lipman   e que se aplica actualmente en máis de cincuenta países de todos os continentes, e propón desenvolver e manter nas crianzas unha actitude crítica, creativa e solidaria cara aos demais ( caring thinking  ou  pensamento solidario). Este curso a mestra encargada desta tarefa é  Ana , que xunto con todos os nenos e nenas,  realizaron diferentes actividades como inventar un conto ou crear unha obra de arte.  No video que tedes a continuación veredes varios  contos creados en equipo , onde nenos e nenas participaron en todo o proceso, desde escoller os personaxes, inventar a historia, ilustrala e poñer o título. Na biblioteca de aula hai un exemplar en papel do que todos desfrutan na hora de ler.  Esperamos que vos guste!

XOGANDO A PENSAR NA AULA DE 4 ANOS

SON PROTAGONISTA: LEIRE

Imagen
      LEIRE está hoxe na clase acompañada pola súa irmá NAIARA para ensinarnos as súas: BONECAS FAVORITAS          Leire ten máis de 10 bonecas na casa, pero trae 2 para ensinarnos cales son as súas preferidas de todas as que ten.     Preséntanos a PERA e a FLOR , sendo Flor un bebé REBORN : unha boneca cunhas características tan reais que parece de verdade, como apariencia, peso, forma...      Leire, coa axuda da súa irmá, fixo un CARTEL moi bonito onde ten diferentes fotos:    Con Boby-bo: un bebé que fala se lle das a un botón, di o seu nome, lle late o corazón...    En Pantín con 2 bonecas que lle gustan moito.    Coas súas sillas de paseo    Indo a mercar con Pera    Cun bebé súper pequeno    O primeiro día de Flor    Durmindo con Pera    E na guarde xogando cunha boneca             Ademáis de todas e...