LECTURAS COMPARTIDAS
O alumnado de 4º de primaria preparou un contacontos para os nenos e nenas de 3 anos sobre "Las bolsitas de la señora T" de Paula Merlán. A actividade desenvolveuse na biblioteca da escola e ademais da propia lectura, o alumnado de 4º preparou marionetas de papel e dedicou un tempiño a facer debuxos relacionados co conto cos pequerrechos. Foi unha experiencia xenial e seguro que repetirán con outros cursos. Grazas compis!