VISITA Á GRANXA BELELLE 2023
No mes de xuño non pode faltar a saída de fin de curso, que fixemos o xoves -día 8- á Granxa Belelle, en Neda.
Despois da viaxe en autobús, os monitores recibíronnos á chegada e distribuíronnos en grupos para poder facer todos os talleres. Estes foron: coidados e plantación no horto, visita aos animais (domésticos e exóticos) e paseo en poni.
Fomos visitando as instalacións, cada grupo acompañado dun monitor: Juani, Xurxo, Begoña... Todos e todas explicaron moitos detalles dos animais, como a súa orixe e alimentación. Coñecimos á vaca Shakira, ao burro Trancas, á mini poni Xeada -que tiña un fillo aínda máis mini-, a cobaia Grey... Tamén vimos ás aves, pavos, galiñas, galos; e outros animais como a llama ou o dromedario, que nos botou a lingua para saudarnos.
No taller de horto prantamos unha semente de faba; como este ano prantamos na escola sabiamos un montón de cousas, pero aínda así foi moi interesante escoitar as explicacións sobre os coidados da semente. A ver se hai sorte e prende!
O paseo en poni é sempre o máis esperado, é moi emocionante! Ademais coñecimos o nome de todos os elementos necesarios para que o poni nin sufra ningún dano ao montar nel. Tamén aprendimos que despois de dar o paseo hai que quitar de novo a cadeira, o suadoiro e demais elementos; cepillalo poni e darlle uns agarimos para agradecerlle o seu traballo.
Foi unha xornada intensa e divertida, aprendimos moito e regresamos á escola moi contentos e contentas.
No video veredes algunhas das cousiñas que fixemos. Voveremos pronto Belelle!
Comentarios
Publicar un comentario