Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

CALENDARIO DE NADAL

Imagen
Na aula de 3 anos, estamos a realizar unha actividade inspirada no famoso calendario de advento. Así, para contar os días que quedan para que chegue o Nadal, abrimos un sobre diario que contén unha foto dun dos nenos ou nenas da nosa clase, o cal ese día recibe un regaliño de carácter simbólico, un debuxo realizado por un compañeiro/a para él ou ela.  Con esta actividade aproveitamos para repasar os números, para seguir avanzando de cara a cohesión grupal e tamén para aprender que nesta época do ano podemos facer regalos coas nosas propias mans, dedicándolle moito esforzo e ilusión.  Dende logo é unha actividade que nos está a reportar moita ledicia a todos e todas! O encargado abrindo o sobre do día 9 Cos seus regaliños personalizados Saúdos