A maleta viaxeira segue a circular polas casas dos nenos e nenas de 3 anos. Neste caso a compañeira achegounos 3 obxectos moi especiais para ela: a sua boneca preferida, un conto sobre o espazo onde a protagonista é ela mesma, e un adorno da árbore de nadal que homenaxea aos galgos, cans que son abandonados a diario polos seus donos. Dende logo esta historia fíxonos reflexionar a todos e todas, moitas gracias!! A maleta tamén pasou pola casa dunha compañeira que decidiu acercar ao cole un conto que lle gusta moito: "Chibos chibons", coa sua lectura desfrutamos todos e todas, mesmo algún e algunha querían repetir. Na maleta tamén viña unha boneca coa que pasa moitas tardes de xogos, así como tamén unha pedra e un pequeno tarro con area da praia, os nenos e nenas poideron tocala e recordar así o tacto que ten e as cousas que facemos con ela cando vamos á praia. Unha experiencia xenial!! Por último, o noso compañeiro decidiu traer na maleta tres xoguetes c...