XOGAR A PENSAR

Ao longo do curso nas sesións de xogar a pensar realizamos diferentes actividades e propostas. 

No 1º trimestre co alumnado de 5º e 6º de infantil centrámonos nos sentidos, e co alumnado de 4º de infantil fixemos xogos e pequenos retos relacionados coa lóxico matemática

No 2º e 3º trimestre a pintura foi a protagonista, coñecendo pintores e pintoras, reflexionando e aprendendo as través dos seus cadros. En concreto falamos da obra de Pablo Picasso, Maruja Mallo e Menchu Lamas. Deste xeito tamén demos visibilidade a dúas pintoras relevantes no pasado e presente da pintura, a pintora surrealista Maruja Mallo e Menchu Lamas, membro da Real Academia Galega de Belas Artes.




Aínda que o alumnado levou un pequeno dossier coas actividades realizadas, non podíamos incluír todas as conversas e reflexións realizadas. Pero poderedes ler as conversas da primeira actividade sobre os cadros "Neno con pomba" e "Pobres á beira do mar",  premendo no seguinte enlace:


No video veredes un pequeno resumo do realizado nas sesións, esperamos que vos guste!








Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023