DIEGO: UN GRAN EXPERTO EN BANDEIRAS E PAÍSES EUROPEOS!!! Diego veu coa súa nai María José para contarnos que lle chama moito a atención que en outros paíes se fale outros idiomas, que cada país ten algo característico e unha bandeira propia. Para empezar Diego ensínanos o mapa de Europa. E chama a varios axudantes para falar de diferentes países: monumento, capital e bandeira de cada un deles. - Francia : Capital París, monumento Torre Eiffel. - España : capital Madrid, destacan o Oso e o Madroño. - Reino Unido : Capital Londres, monumento Big Ben. - Rusia : Capital Moscú, destaca a Praza Vermella. - Dinamarca : Capital Copenhague, escultura A Sirenita. - Bélgica : capital Br...