Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

CINE EN GALEGO TEATRO JOFRE

Imagen
      O CONCELLO DE FERROL, EN COLABORACIÓN COA COORDINADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, OFERTOU UN CICLO DE CINE EN GALEGO PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE FERROL NO TEATRO JOFRE .          EN INFANTIL VISIONOUSE A PELÍCULA MEIGALLOS , SENDO A DIRECCIÓN DE VIRGINIA CURIÁ, O GUIÓN DE ÁNXELA LOUREIRO E A PRODUCIÓN DE CHELO LOUREIRO.       PODEDES VER ESTA SAÍDA NO SEGUINTE VÍDEO:

ENTROIDO 2024

Imagen
      ESTE  ANO, O  ENTROIDO ESTÁ ADICADO ÁS OL IM PI AD AS E O VENRES 9 DE FEBREIRO CADA CICLO OU CURSO PUIDO DISFRAZARSE DUN DEPORTE OLÍMPICO:    -ESGRIMA    -HOCKEY    -PIRAGÜISMO    -TENIS    -NATACIÓN    -RUGBY        POR MOR DA CHOIVA, TIVEMOS QUE DESPRAZAR O FESTIVAL DO ENTROIDO PARA O PAVILLÓN. NON POIDEMOS REALIZAR UN PASACALLES, PERO FOI MOI EMOTIVO  DESFILAR CO TRAXE BRANCO DE ESGRIMA, A NOSA CARETA   E O FLORETE REALIZADO NA CLASE.    TODOS E TODAS MERECERON A MEDALLA DE OURO DO BEN QUE DESFILARON!!!!    NESTE PEQUENO VÍDEO PODEDES DISFRUTAR DE TÓDALAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS  NO ENTROIDO.    ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!💓

DÍA DA PAZ 2024

Imagen
Este ano celebramos o Día da Paz cunha actividade moi especial: unha carreira solidaria .                                                           Xa que este ano estamos a traballar sobre as olimpíadas, que mellor que afondar na parte máis solidaria do deporte, recadando alimentos para a Cociña Económica de Ferrol .  En todas as aulas prepararon os dorsais que servirían para facer os tríos de corredores e corredoras. Así os maiores do cole serían os encargados de buscar no pavillón aos pequenos corredores, guiándose polo número de dorsal.  Grazas a todas as familias por aportar o seu pequeno gran de area e facer posible a doazón á Cociña Económica. Cada neno e nena de infantil levou para casa unha medalla de ouro , recordo deste día e símbolo de que todos gañamos cando traballamos xuntos e xuntas para mellorar a nosa sociedade.  Parabéns a todos e todas a participantes!