Entradas

DÍA DO DEPORTE 2026

Imagen
    O pasado venres 19 de xuño rematamos o curso 2025-2026 e para irnos cun bo sabor de boca e disfrutar do verán, tivemos preparada unha xornada lúdica e de compañeirismo para o alumnado ao longo da mañá relacionado co deporte e convivencia.    Primeiro, puxémonos guapos/as co pano decorado para o Día do Deporte e logo xa  xogamos aos bolos, carreira de sacos, zancos, á roda, carrilanas...      Despois houbo un    XANTAR EN COMUNIDADE e  coma tódolos anos o ANPA tivo unha sorpresa preparada: festa da escuma .     Todas as actividades están recollidas no seguinte vídeo.   BO VERÁN FAMILIAS!!!!!

DESPEDIDA DOS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS

Imagen
Os nenos e nenas de 6º de infantil xuntámonos coas nosas familias para ver un video e recibir e dar algún que outro agasallo.  Despois de tres anos xuntos é bonito mirar atrás e ver todas as experiencias e vivencias que compartimos. Moitas grazas a todos e todas por vir e moita sorte neste novo camiño que comezades :-)

VISITA GRANXA BELELLE

Imagen
   O pasado venres 12 de xuño fixemos unha visita  á Granxa Belelle , en Neda, onde todo o ciclo de infantil puido disfrutar de moitas actividades.   Os monitores recibíronnos á chegada e distribuíronnos en grupos: 3 anos: ovellas 4 anos: follas 5 anos: indios    Así xa  poidemos facer todos os obradoiros. Estes foron: coidados e plantación no horto ,  visita aos animais (domésticos e exóticos) e   paseo en poni .          Na visita vimos moitos animais, pero recordamos especialmente ao burro Rufo , que lle dimos de comer; tamén vimos ao dromedario Pipo e estivemos de paseo co poni León .   No obradoiro de horto prantamos unha semente de lentella  e practicamos coas ferramentas da horta.   O paseo en poni é sempre o máis esperado, e moi emocionante!  Foi unha xornada intensa e divertida, aprendimos moito e regresamos á escola moi contentos e contentas.   No video veredes algunhas das c...

PREGUNTÓN 2026

Para conmemorar o Día do Libro os nenos e nenas de infantil participaron nun xogo de pescuda de pistas, organizado pola biblioteca do colexio: O Preguntón. En cada clase, organizamos aos peques por grupos e comezamos a buscar sobres agochados polo colexio. Había sobres no museo, na decoración da granxa e na biblioteca e, en cada un, unha pregunta, adiviña ou enigma que resolver.  Ao final, unha proba para atopar un tesouro, que era un quebracabezas que nos levaba directamente a un agasallo. Onde estaba? Na casiña do parque infantil! Tivemos que baixar correndo da biblio para collelo e, por fin, saber o que era :-) Parabéns a todos e todas por participar e grazas a todos o profesorado por axudar a que esta actividade poida realizarse.  Feliz Día do Libro!

DÍA DO LIBRO 2026

Imagen
      Como celebración do Día do Libro, imos disfrutar de dous libros que elaboraron os nenos e nenas de 4 e 5 anos na clase de Xogar a Pensar.     A aula de 4 anos ten como mascota unha medusa chamada Globo   e  crearon un conto  entre todos/as: AS AVENTURAS DA MEDUSA GLOBO.     A aula de 5 anos ten tamén unha mascota que é un elefante chamado Colorines e é o protagonista da historia: O ELEFANTE COLORINES PERDEU Á SÚA FAMILIA.     Os rapaces e rapazas poideron ser escritores e escritoras, así como ilustradores e ilustradoras a través da súa propia creación, onde desenvolveron a súa imaxinación, creatividade, habilidades lingüísticas, estructura lóxica do pensamento...    Así que, familias, disfrutade lendo estes contos cos vosos meniños/as. Esperamos que vos gusten moito, están feitos dende o 💗                  

MUSEO DO HUMOR

Imagen
      Neste 2º trimestre todos os nenos e nenas de infantil fixemos unha visita ao  Museo do Humor "Xaquín Marín" , situado no Concello de Fene.    Á nosa chegada, recibiunos  Almudena , coordinadora do museo, que fixo de guía por todas as salas. Despois dun ratiño de risas nos  "espellos deformantes"  pasamos ao museo, onde ademais de viñetas e ilustracións, hai estatuas, libros, cómics...    O museo chámase  "Xaquín Marín"  en homenaxe ao seu creador. Tamén teñen unha mascota, a  Curuxa , e hai uns premios co seu nome, que se celebran todos os anos.    Tamén vimos un espazo dedicado a caricaturas, visitamos a sala do humor negro, onde a nosa roupa branca comezou a brillar...    Despois, visitamos a  Biblioteca Municipal de Fene , ubicada no mesmo edificio.  Disfrutamos dos contos da biblioteca e t ivemos un tempo de lectura coas mestras.     Moitas grazas a Almudena, gust...

ENTROIDO 2026

Imagen
      Este ano o cole de Esteiro vestiuse de OFICIOS TRADICIONAIS , algúns en desuso e outros en perigo de desaparición.    En infantil os meniños e meniñas disfrazáronse de PASTORES E PASTORAS , sendo as mestras o rabaño de ovellas .     Para o disfraz preparamos un elemento fundamental que utilizan os pastores/as no seu día  a día, como é o ZURRÓN , cheo de comida: chourizo , pan e queixo .    En primaria, optaron por diferentes oficios: Redeiras Cesteiros e cesteiras Zoqueiros/as. Muiñeiros/as Serenos/as Ferreiros/as     Como a chuvia imposibilitou o desfile arredor do cole, realizamos o desfile de Entroido no pavillón.     Podedes disfrutar de todas as actividades no seguinte vídeo:     

NADAL 2025

Imagen
      Chega decembro e con el tamén chega a celebración do NADAL .     Neste mes realízanse unha morea de actividades, como:      A decoración do corredor do cole con motivos navideños, contando coa gran participación da ANPA .    A realización do mural da entrada de infantil coas mans dos meniños e meniñas.    A preparación en cada clase dos adornos de Nadal.    A realización da portada dos traballos deste trimestre.    A decoración das bolsas dos traballos dos nenos e nenas.   Disfrutamos dunha chocolatada con churros, gracias aos membros da ANPA.  E a celebración do festival de Nadal, onde as familias poden disfrutar das grandes actuacións dos seus fillos e fillas, gracias ao traballo da mestra de música Nani.     Podedes ver todas estas actividades no seguinte vídeo:     A comunidade educativa do CEIP de Esteiro quere desexarvos unhas felices festas!    ...

SAÍDA A CORREOS

Imagen
     As nenas e nenos de 4 e 5 anos realizaron unha saída á oficina de CORREOS de Ferrol e foron CARTEIROS  e CARTEIRAS por un día.    Realizamos moitas actividades: Primeiro poidemos disfrutar da arquitectura da oficina e observar a súa vidriera   Collimos cita na pantalla  Compramos os selos Cada neno e nena pegou o selo na súa carta e lle puxo o mataselos  Poideron ver como se envían paquetes Como son as motos de reparto  E metimos as cartas na caixa de correos tan característica con forma de león.    Agora só queda esperar para recibir a carta na casa!!!    Temos que dar as grazas á oficina de Correos por explicarnos e atendernos tan ben.    No seguinte vídeo podedes ver todas as actividades realizadas:         

DÍA DO PEÓN 2025

Imagen
      Un ano máis o centro celebra o Día do Peón , un xoguete popular de gran arraigo entre a nosa comunidade educativa.         As actividades deste ano son as seguintes: Cartel-mosaico coas fotos do alumnado. Decoración dun peón por grupo. Acto colectivo e tirada conxunta. Entrega dos diplomas de Máster e Supermáster de Peóns.     Podedes disfrutar destas actividades no seguinte vídeo:

MAGOSTO 2025

Imagen
     Continuamos con outra festa tradicional do OUTONO, a festa do: MAGOSTO    Veu ao centro, o noso xa coñecido, o CASTAÑEIRO RAMÓN ,  quen repartíu as ricas castañas entre todo o alumnado. Na foto están os nenos e nenas da clase de 5 anos vendo como asa as castañas e esperando que nos dea unhas poucas 😋     Xa nas clases poidemos degustar as castañas asadas e levar unhas poucas nun cucurucho de cartulina ou nun brick de leite decorado.       Podedes ver todas as actividades no seguinte vídeo:

SAMAÍN 2025

Imagen
        XA CHEGOU A PRIMEIRA FESTA DO OUTONO AO COLE DE ESTEIRO: O SAMAÍN      PARA ELO, DISFRUTAMOS DE MOITAS ACTIVIDADES: DECORACIÓN DE CABAZAS PLANTAR SEMENTES DE CABAZA DECORACIÓN DAS AULAS E DAS SÚAS PORTAS DISFRAZARSE EXPOSICIÓN DE CABAZAS      TAMÉN TEMOS QUE AGRADECER Á ANPA  POLA DECORACIÓN DA ENTRADA E DO CORREDOR DE INFANTIL, QUE QUEDOU ESPECTACULAR   E   TERRORÍFICO.      PODEDES DISFRUTAR DE TODAS AS ACTIVIDADES NO SEGUINTE VÍDEO:        PASÁMOLO DE MEDO!!!!!! 💀

SAÍDA DE FIN DE CURSO AO MUÍÑO DE PEDROSO

Imagen
O 13 de xuño visitamos o Muíño de Pedroso, en Narón, onde participamos nunha morea de talleres que foron moi interesantes:  Horta ecolóxica Pegadas de animais Herbas aromáticas: s ales de baño e sacos aromáticos O día non acompañou e a choiva estivo presente gran parte do tempo, así que os monitores e monitoras tiñan todo preparado con carpas para non mollarnos e poder realizar todas as propostas.  Na horta quitamos follas estropeadas, removimos a terra para preparala para sementar, atopamos caracois, formigas e outros animaliños e plantamos unha leituga que puidemos levar para casa.  No taller de pegadas participamos nun xogo para coñecer unha morea de animais do bosque, desde a pega ata o esquío, pasando pola marta ou a curuxa. Polas características que dicían as monitoras tiñamos que adiviñar de que animal se trataba e despois relacionar coa súa pegada. Sabiades que a pegada da curuxa é como a letra K pero ao revés? Despois do xogo,  estampamos unha pegada nun an...

ACTIVIDADES NA AULA DE 4 ANOS CURSO 24-25

Imagen
Un ano da para moito, así que recompilamos nun video moitas das experiencias e actividades que fixemos na aula de 5º de infantil, a clase de 4 anos.  Detrás das actividades en papel hai unha morea de traballo, non só dos mestres e mestras senón do propio alumnado , esperamos que así coñezades un pouco máis do que os vosos peques viviron na aula no curso 24-25. Feliz verán a todos e todas de parte de dos nenos, nenas e equipo docente da clase de 4 anos. 

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025

Imagen
Ola familias!!      O curso e o ciclo de infantil xa chega ao seu fin, pero hai que despedilo como se merece.      Para elo, preparamos un baile de fin de curso chamado MAMMA MÍA . Podedes velo no seguinte vídeo. MAMMA MIA de SORAYA     Tamén puxemos audio ao CONTO VIAXEIRO elaborado por todo o grupo clase. Quedou espectacular!       Ademáis, non podía faltar FOTOS das mestras e mestres, así como dos nenos e nenas durante os 3 cursos de infantil, no seguinte vídeo:          E para rematar entrega de ORLAS .       Só teño palabras de agradecemento por estos 3 anos e emociónome en pensar que os botarei moito de menos. Espero que deixara unha pegada no seu corazón.     MOITA SORTE e a conseguir todos os vosos soños!!!                       SORAYA

ACTIVIDADES NA CLASE DE 3 ANOS

Imagen
O final do curso chega e, con el, o tempo de mirar cara atrás e ver canto medraron  e aprenderon os nenos e nenas da clase de 3 anos. Novos profes , outros espazos e unha morea de actividades como bailar e cantar , ir de excursión , saltar , correr , pintar , falar , pensar , xogar todo eso e moito máis no noso primeiro curso no cole de Esteiro.  Apertas a todos e todas dos peques da escola!

XOGANDO A PENSAR NA AULA DE 5 ANOS

  Xogar a pensar  é unha actividade que desenvolvemos nas aulas de infantil durante unha sesión semanal. A orixe desta proposta está na  "Filosofía para nenos e nenas"  creada por  Matthew Lipman   e que se aplica actualmente en máis de cincuenta países de todos os continentes, e propón desenvolver e manter nas crianzas unha actitude crítica, creativa e solidaria cara aos demais ( caring thinking  ou  pensamento solidario). Este curso a mestra encargada desta tarefa é  Ana , que xunto con todos os nenos e nenas,  realizaron diferentes actividades como inventar un conto ou crear unha obra de arte.  No video que tedes a continuación veredes varios  contos creados en equipo , onde nenos e nenas participaron en todo o proceso, desde escoller os personaxes, inventar a historia, ilustrala e poñer o título. Na biblioteca de aula hai un exemplar en papel do que todos desfrutan na hora de ler.  Esperamos que vos guste!

XOGANDO A PENSAR NA AULA DE 4 ANOS

Xogar a pensar é unha actividade que desenvolvemos nas aulas de infantil durante unha sesión semanal. A orixe desta proposta está na "Filosofía para nenos e nenas" creada por  Matthew Lipman   e que se aplica actualmente en máis de cincuenta países de todos os continentes, e propón desenvolver e manter nas crianzas unha actitude crítica, creativa e solidaria cara aos demais ( caring thinking ou  pensamento solidario). Este curso a mestra encargada desta tarefa é Ana , que xunto con todos os nenos e nenas,  realizaron diferentes actividades como inventar un conto ou crear unha obra de arte.  No video que tedes a continuación veredes varios contos creados en equipo , onde nenos e nenas participaron en todo o proceso, desde escoller os personaxes, inventar a historia, ilustrala e poñer o título. Na biblioteca de aula hai un exemplar en papel do que todos desfrutan na hora de ler.  Esperamos que vos guste!

SON PROTAGONISTA: LEIRE

Imagen
      LEIRE está hoxe na clase acompañada pola súa irmá NAIARA para ensinarnos as súas: BONECAS FAVORITAS          Leire ten máis de 10 bonecas na casa, pero trae 2 para ensinarnos cales son as súas preferidas de todas as que ten.     Preséntanos a PERA e a FLOR , sendo Flor un bebé REBORN : unha boneca cunhas características tan reais que parece de verdade, como apariencia, peso, forma...      Leire, coa axuda da súa irmá, fixo un CARTEL moi bonito onde ten diferentes fotos:    Con Boby-bo: un bebé que fala se lle das a un botón, di o seu nome, lle late o corazón...    En Pantín con 2 bonecas que lle gustan moito.    Coas súas sillas de paseo    Indo a mercar con Pera    Cun bebé súper pequeno    O primeiro día de Flor    Durmindo con Pera    E na guarde xogando cunha boneca             Ademáis de todas e...

SON PROTAGONISTA: VERA

Imagen
      VERA quere falarnos no cole, xunto á súa nai NOEMÍ e ao seu pai ALBERTO , dunha granxa ecolóxica galega: CASA GRANDE DE XANCEDA       Comeza polos seus FUNDADORES , Felipe e Victoria , os que fundaron a granxa nos anos 60. Trouxeron 20 vacas en barco de Canadá e agora xa teñen máis de 400.      A casa data do século XVIII.     Pero as vaquiñas teñen que ter moito coidado co LOBO , que anda moi preto. Para elo, teñen uns cans guardianes e uns burriños que avisan se andan pola granxa.         Estas vaquiñas viven moi felices, están moi coidadas e comen moooooii SAUDABLE , como: herba fresca, herba seca, silo e cereais 😋 Comen ao día uns 70 kilos de herba!!! E así nos dan riquísima leite para facer iogures, queixo, xeado...     Ademáis de vaquiñas, tamén hai na granxa outros animais como GALIÑAS , PORQUIÑOS , COELLOS , OVELLAS , CABRAS e CABALOS , que están  súper coidados.   ...