MUSEO DO HUMOR

 


   Neste 2º trimestre todos os nenos e nenas de infantil fixemos unha visita ao Museo do Humor "Xaquín Marín", situado no Concello de Fene.

   Á nosa chegada, recibiunos Almudena, coordinadora do museo, que fixo de guía por todas as salas. Despois dun ratiño de risas nos "espellos deformantes" pasamos ao museo, onde ademais de viñetas e ilustracións, hai estatuas, libros, cómics...

   O museo chámase "Xaquín Marín" en homenaxe ao seu creador. Tamén teñen unha mascota, a Curuxa, e hai uns premios co seu nome, que se celebran todos os anos.

   Tamén vimos un espazo dedicado a caricaturas, visitamos a sala do humor negro, onde a nosa roupa branca comezou a brillar...

   Despois, visitamos a Biblioteca Municipal de Fene, ubicada no mesmo edificio.  Disfrutamos dos contos da biblioteca e tivemos un tempo de lectura coas mestras. 

   Moitas grazas a Almudena, gustounos moito o museo e estamos desexando volver agora con vós, as familias. Non perdades a oportunidade de coñecelo!




Comentarios

Entradas populares de este blog

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025

SAÍDA DE FIN DE CURSO AO MUÍÑO DE PEDROSO

SAMAÍN 2025