XOGANDO A PENSAR NA AULA DE 5 ANOS
Xogar a pensar é unha actividade que desenvolvemos nas aulas de infantil durante unha sesión semanal.
A orixe desta proposta está na "Filosofía para nenos e nenas" creada por Matthew Lipman e que se aplica actualmente en máis de cincuenta países de todos os continentes, e propón desenvolver e manter nas crianzas unha actitude crítica, creativa e solidaria cara aos demais (caring thinking ou pensamento solidario).
Este curso a mestra encargada desta tarefa é Ana, que xunto con todos os nenos e nenas, realizaron diferentes actividades como inventar un conto ou crear unha obra de arte.
No video que tedes a continuación veredes varios contos creados en equipo, onde nenos e nenas participaron en todo o proceso, desde escoller os personaxes, inventar a historia, ilustrala e poñer o título. Na biblioteca de aula hai un exemplar en papel do que todos desfrutan na hora de ler.
Esperamos que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario