NADAL 2025
Chega decembro e con el tamén chega a celebración do NADAL.
Neste mes realízanse unha morea de actividades, como:
- A decoración do corredor do cole con motivos navideños, contando coa gran participación da ANPA .
- A realización do mural da entrada de infantil coas mans dos meniños e meniñas.
- A preparación en cada clase dos adornos de Nadal.
- A realización da portada dos traballos deste trimestre.
- A decoración das bolsas dos traballos dos nenos e nenas.
- Disfrutamos dunha chocolatada con churros, gracias aos membros da ANPA.
- E a celebración do festival de Nadal, onde as familias poden disfrutar das grandes actuacións dos seus fillos e fillas, gracias ao traballo da mestra de música Nani.
Podedes ver todas estas actividades no seguinte vídeo:
A comunidade educativa do CEIP de Esteiro quere desexarvos unhas felices festas!

Comentarios
Publicar un comentario