PREGUNTÓN 2026

Para conmemorar o Día do Libro os nenos e nenas de infantil participaron nun xogo de pescuda de pistas, organizado pola biblioteca do colexio: O Preguntón.

En cada clase, organizamos aos peques por grupos e comezamos a buscar sobres agochados polo colexio. Había sobres no museo, na decoración da granxa e na biblioteca e, en cada un, unha pregunta, adiviña ou enigma que resolver. 

Ao final, unha proba para atopar un tesouro, que era un quebracabezas que nos levaba directamente a un agasallo. Onde estaba? Na casiña do parque infantil! Tivemos que baixar correndo da biblio para collelo e, por fin, saber o que era :-)

Parabéns a todos e todas por participar e grazas a todos o profesorado por axudar a que esta actividade poida realizarse. 

Feliz Día do Libro!



Comentarios

Entradas populares de este blog

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025

SAÍDA DE FIN DE CURSO AO MUÍÑO DE PEDROSO

SAMAÍN 2025