SON PROTAGONISTA: VERA

      VERA quere falarnos no cole, xunto á súa nai NOEMÍ e ao seu pai ALBERTO, dunha granxa ecolóxica galega:

CASA GRANDE DE

XANCEDA


     Comeza polos seus FUNDADORES, Felipe e Victoria, os que fundaron a granxa nos anos 60. Trouxeron 20 vacas en barco de Canadá e agora xa teñen máis de 400. 

    A casa data do século XVIII.



    Pero as vaquiñas teñen que ter moito coidado co LOBO, que anda moi preto. Para elo, teñen uns cans guardianes e uns burriños que avisan se andan pola granxa.


        Estas vaquiñas viven moi felices, están moi coidadas e comen moooooii SAUDABLE, como: herba fresca, herba seca, silo e cereais 😋 Comen ao día uns 70 kilos de herba!!! E así nos dan riquísima leite para facer iogures, queixo, xeado...



    Ademáis de vaquiñas, tamén hai na granxa outros animais como GALIÑAS, PORQUIÑOS, COELLOS, OVELLAS, CABRAS e CABALOS, que están  súper coidados.










    Vera tamén deu de comer aos PAXARIÑOS do bosque.




        Unha granxa da moito traballo, pero é necesario descansar e disfrutar dos seus productos.



    Algo moi importante que nos contou Vera foi a historia da cadeliña MALIBÚ, que foi abandonada e que a granxa Xanceda adoptou e agora Malibú é un membro máis da súa familia. 
 


    Vera entregou aos seus compañeiros e compañeiras unhas pegatinas de animais a modo de agasallo.
     



    MOITAS GRAZAS VERA, UNHA VISITA MOI BONITA!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025