Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

PREGUNTÓN 2026

Para conmemorar o Día do Libro os nenos e nenas de infantil participaron nun xogo de pescuda de pistas, organizado pola biblioteca do colexio: O Preguntón. En cada clase, organizamos aos peques por grupos e comezamos a buscar sobres agochados polo colexio. Había sobres no museo, na decoración da granxa e na biblioteca e, en cada un, unha pregunta, adiviña ou enigma que resolver.  Ao final, unha proba para atopar un tesouro, que era un quebracabezas que nos levaba directamente a un agasallo. Onde estaba? Na casiña do parque infantil! Tivemos que baixar correndo da biblio para collelo e, por fin, saber o que era :-) Parabéns a todos e todas por participar e grazas a todos o profesorado por axudar a que esta actividade poida realizarse.  Feliz Día do Libro!

DÍA DO LIBRO 2026

Imagen
      Como celebración do Día do Libro, imos disfrutar de dous libros que elaboraron os nenos e nenas de 4 e 5 anos na clase de Xogar a Pensar.     A aula de 4 anos ten como mascota unha medusa chamada Globo   e  crearon un conto  entre todos/as: AS AVENTURAS DA MEDUSA GLOBO.     A aula de 5 anos ten tamén unha mascota que é un elefante chamado Colorines e é o protagonista da historia: O ELEFANTE COLORINES PERDEU Á SÚA FAMILIA.     Os rapaces e rapazas poideron ser escritores e escritoras, así como ilustradores e ilustradoras a través da súa propia creación, onde desenvolveron a súa imaxinación, creatividade, habilidades lingüísticas, estructura lóxica do pensamento...    Así que, familias, disfrutade lendo estes contos cos vosos meniños/as. Esperamos que vos gusten moito, están feitos dende o 💗