SON PROTAGONISTA: LEIRE


     LEIRE está hoxe na clase acompañada pola súa irmá NAIARA para ensinarnos as súas:

BONECAS FAVORITAS
    



    Leire ten máis de 10 bonecas na casa, pero trae 2 para ensinarnos cales son as súas preferidas de todas as que ten.

    Preséntanos a PERA e a FLOR, sendo Flor un bebé REBORN: unha boneca cunhas características tan reais que parece de verdade, como apariencia, peso, forma...



     Leire, coa axuda da súa irmá, fixo un CARTEL moi bonito onde ten diferentes fotos:
  •    Con Boby-bo: un bebé que fala se lle das a un botón, di o seu nome, lle late o corazón...
  •    En Pantín con 2 bonecas que lle gustan moito.
  •    Coas súas sillas de paseo
  •    Indo a mercar con Pera
  •    Cun bebé súper pequeno
  •    O primeiro día de Flor
  •    Durmindo con Pera
  •    E na guarde xogando cunha boneca
  








    
    Ademáis de todas estas bonecas, Leire tamén ten na casa moitos ACCESORIOS para os seus bebés: cunas, sillas de paseo, cociña, mochila de paseo con forma de cuncha, roupa, pixamas para durmir...

    E Leire explicounos que os bebés de verdade necesitan moitos COIDADOS, como bañalos, darlles de comer, cambiarlles o pañal, quitarlles os gases... e nos ensina como debemos coller un bebé en brazos.




    Por último, Leire mostra o seu mural aos seus compis.




    MOITAS GRAZAS LEIRE! UNHAS BONECAS MOI CHULAS!!!!








Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025