A BIBLIOTECA DOS TESOUROS
Esta semana comezou a funcionar a biblioteca da escola e os peques de infantil poderán levar un libro ou conto semanal a casa. Tamén poderán disfrutar das mochilas viaxeiras, cheas de tesouros, que con moito agarimo prepara a Pescadora de historias.
No mes de setembro todo o alumnado de infantil recibíu unha pequena formación sobre o uso da biblioteca, coñecendo e recordando as normas, como están ordenados os libros, que actividades facemos na biblioteca...
Mirade que bonita é!
O alumnado de 5º de infantil fará o préstamo os mércores e terá que devolver os libros/mochilas ao luns seguinte. O alumnado de 6º de infantil fará o préstamo o xoves e terá que facer a devolución o martes.
O alumnado de 4º de infantil comezará nunhas semanas o préstamo, de momento está a coñecer á Pescadora, visitar a biblioteca... Pero a Pescadora acordouse deles e preparou unha caixiña para a súa clase, vaia sorte!
Comentarios
Publicar un comentario