VISITA AO MUÍÑO DE PEDROSO

Un ano máis acudimos ao Muíño de Pedroso para facer uns talleres moi interesantes: “Pegadas e rastros” e “Itinerario medioambiental”. Soa ben, verdade?

Comezaron os nenos e nenas de 5 anos co obradoiro sobre pegadas e rastros, coñecendo as pegadas de diferentes animais da contorna por medio dun xogo. Despois puxémonos mans á obra para crear a nosa propia pegada en barro, que despois levariamos para casa.

Mentres, o alumnado da clase de 4 anos fixo unha andaina pasando polo Muíño de Pedroso, cruzando a ponte que pasa sobre río Xuvia e camiñando ata o río Castro, onde está ubicado outro muíño chamado Entrerríos.


Polo camiño atoparon pegadas de xabaril, esquío, corzo... Tamén viron árbores como o carballo, castiñeiro, pradairo, abeleira ou flores como o alecrín, que é a flor do toxo. De casualidade atoparon aos bombeiros de Narón, que estaban de ruta, e pararon a saudalos e ata acenderon as luces do camión J



Despois de recuperar forzas cun almorzo e un pouco de tempo de lecer, chegou o momento de realizar o obradoiro que non fixeran anteriormente. No video veredes cantas cousas vimos e fixemos nos dous obradoiros.

Agora toca buscar tempo en familia para acudir a pasear por Pedroso,  ver que bonito está en outono e de paso aprender con nós que xa somos todos uns expertos e expertas na materia.



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023