ENTROIDO 2022: LENDAS DE GALICIA
Este ano a temática do Entroido xirou en torno ás "Lendas de
Galicia". Cada aula da escola escolleu unha lenda para coñecela, traballar sobre
ela e preparar o seu disfrace.
A clase de 3 anos escolleu aos Xacios e Xacias; a clase de 4
anos a Pedro Chosco e a clase de 5 anos a Pepa a Loba.
Durante unhas semanas limos contos, consultamos información e
preparamos un cartel explicativo, coa finalidade de dar a coñecer as diferentes
lendas.
Con eses carteis fixemos unha exposición para vós, as
familias. Estivo exposta no patio cuberto uns días e seguro que moitos de vós
puidéchedes visitala.
Para os que non puidéchedes vela, tedes no seguinte enlace
as fotos de todos os carteis da escola.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1082
Pero iso non foi todo, o Meco voltou pola escola e mandou
moito, moitísimo ;-)
Cada día da semana tivemos que vir dunha maneira distinta e , para rematar, o venres puxémonos guapos e guapas co noso disfrace.
Os nenos e nenas de infantil demos unha volta por fóra da
escola, para lucir os nosos disfraces. Moitas grazas a todos os que nos
acompañáchedes neste momento!
E despois de tanto traballo tocou repoñer forzas coas
lambetadas de Entroido que trouxemos da casa. Estaba todo boísimo!
No video veredes algunha fotiño destes momentos...
Moitas grazas a todos e todas por colaborar coa escola na
celebración do Entroido.
Comentarios
Publicar un comentario