ÁRBORE DE OUTONO
O alumnado de infantil comezou a realizar algunha actividade conxunta, neste caso un pequeno mural sobre o outono. Este curso decidimos crear unha árbore de moitas cores, decorando uns círculos de cartolina. Todos os peques participaron no pintado do tronco e elaboración dos círculos, aínda que no video só se ve unha pequena mostra do traballo realizado.
Agora esta árbore decora o noso corredor, xa podemos dicir que o outono chegou ao cole de Esteiro!
Comentarios
Publicar un comentario