VISITA DE ANTÓN CORTIZAS

O venres, tivemos unha visita moi especial na escola: Antón Cortizas. Celebramos con esta visita o Día das Bibliotecas e previamente fixemos, segundo a aula,  varias actividades: 

  • Coñecer quen é Antón Cortizas.
  • Ler contos escritos por el.
  • Colorear unha caricatura.
  • Escribir títulos dos seus contos.
  • Ordear versos de poemas seus.
  • Secuenciar as páxinas dun conto escrito por el.
  • Memorizar algún poema ou rima.
  • Visitar o Museo do Xogo Popular da nosa escola, xa que Antón ten varias pezas en depósito.
Antón, ademais de escritor, é investigador, creador de xoguetes, como por exemplo o avión que se atopa na subida á biblioteca. Quedamos abraiados cando soupemos que fora el quen o fixera :-)


Antón leunos o conto "Os dez animais", pero tamén aprendeunos unha rima sobre os dedos das mans e a facer unha pombiña de papel.



Para agradecerlle o agarimo e tempo compartido encargamos un agasallo: un boneco feito con follas de millo. Creemos que a Antón lle gustou moito, para "Antón, o xogueteiro de Esteiro".









Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023