DÍA DO PEÓN 2022

Este curso a celebración do día do Peón retomou a normalidade e foi un día de xuntanza e xogo para todos os nenos e nenas da escola. 

Os días previos, todo o alumnado de infantil estivo decorando o seu peón nas aulas para despois bailalo e xogar con el. Tamén visitamos o Museo do Xogo Popular no que hai diferentes tipos de peóns e buxainas, así como carteis explicativos sobre a súa elaboración e partes.

Co profe Gonzalo aprendimos as partes do peón: virolusa, capa, panza e punta. Estas formaron parte dun mural xigante, que alumnado de 6º de primaria preparou para este día. 


E como en toda festa non pode falta a música, escoitamos a canción "Teño unha buxaina" e practicamos moito para cantala todos xuntos no pabillón o día do Peón, xa case é un himno para o noso cole. 

Ademais no pabillón esperábanos Adolfo, da Asociación de Torneiros "Virutas", para aprendernos como se constrúe un peón. Agasallou á escola cunha gran buxaina e outras máis pequeniñas que estivo facendo ao longo da xornada. Quedou encantado con todo o que sabemos sobre este xoguete popular e nós tamén, porque foi moi interesante velo traballar e crear un peón en directo. 

No video veredes todo o que aconteu ao longo destes días e, de paso, poderedes aprender a canción da buxaina :-)





Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023